Algo está a pasar no ensino, que a Xunta non quere escoitar, para que haia tantas comunidades escolares protestando nas rúas. Este venres 5 de decembro, as familias da ANPA do CEIP de Prácticas volveron prantarse diante da porta do centro de Labañou, Riazor e San Roque, para deixar claro que “estamos fartas” despois de un ano enteiro denunciando o importante deterioro do centro. Un ano de mobilizacións que non se traduxeron nin proxecto de reforma, nin prazos de execución.
As familias están moi preocupadas ao ver que nos Orzamentos da Xunta si aparecen partidas para outros centros (hai case 4 millóns de euros destinados para os veciños Salvador de Madariaga e IES Rafael Dieste), e non para o seu. Todo, mentres as súas demandas telemáticas seguen sen recibir resposta oficial.
View this post on Instagram
Lamentan as “promesas incumpridas e da nula asunción de responsabilidades por parte das administracións”, e traen unha completa lista de queixas:
“Estamos fartas”:
Estamos fartas de que as nosas crianzas estuden nun centro de ensino público que carece dun convenio entre Xunta, Concello da Coruña e UDC para a xestión do centro caducado dende 2022
Estamos fartas de que os diferentes enreixados de peche así coma as cancelas, estean enferruxados e rachados co perigo que isto pode supor para o alumnado.
Estamos fartas de que o chan do patio estea cuberto de fochancas.
Estamos fartas de que as nosas crianzas respiren 5 horas ao día ambientes cargados de humidades, fungos e outro tipo de axentes biolóxicos.
Estamos fartas de que o alicatado de zonas comúns coma o ximnasio ou algúns baños caia por falta de mantemento.
Estamos fartas de que o chan se afunda baixo os pés do alumnado e profesorado do CEIP de Prácticas.
E sobre todo…. estamos fartas de que a Xunta de Galicia e a Consellería de Educación fagan caso omiso ás nosas demandas
Máis novas da loita do Prácticas
A ANPA do CEIP de Prácticas non cede tras un ano en loita contra o deterioro do centro
Un ano de mobilizacións da ANPA do CEIP de Prácticas contra o lamentable deterioro do centro
Outras novas do ensino
O profesorado do CEIP Concepción Arenal plántase ante a falta de persoal coidador

