InicioA CORUÑAUnha visita ao espazo de adopción de animais abandonados de Bens

Unha visita ao espazo de adopción de animais abandonados de Bens

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa trouxemos a semana pasada unha guía sobre tenencia responsable de animais nesta, a cidade con máis cans que nen@s. Hoxe afondamos neste asunto, falando de adopción, a vía máis sana de facerse cun amigo.

Se ben existen grupos nas redes sociais e colectivos como SOS Pelines ou Gatocán, tamén contamos co espazo municipal para recollida de animais abandonados, antes coñecida como “canceira”, situada na zona de Bens e xestionada por Servigal, e onde a día de hoxe conviven uns 50 cans e arredor dun centenar de gatos.

”Hai que concienciar a xente que veña a adoptar”, sinalan dende o centro e dende as visitas guiadas do Programa Ambiental do Concello da Coruña. Lembran que o único necesario é o pago dunhas taxas de 58€, para costear microchip, as vacinas e a desparasitación.

Canceira municipal de Coruna

Como chegan os cans

Os animais son recollidos cando chega unha chamada da Policía Local pola presenza dalgún animal perdido ou abandonado pola cidade. Chegan tamén a través de incautacións realizadas polas forzas do orde cando a tenencia é ilegal (non teñen as esixencias legais necesarias, que supón ademais unha das partes máis importantes das multas).

É responsabilidade municipal (nos pequenos Concellos representa unha problemática moi importante), levar unha persoa lanceira para recoller o animal nunha furgoneta. O que xa non existe, aínda que de vez en cando algunha persoa non de todo responsable deixe cans ás portas do centro, é o servizo municipal de recollida de cans ou de camadas.

Neste sentido, avanzan en que en breve en España falaremos moi pronto de castración como unha obrigación para ter cans, algo que xa acontece noutros países do norte de Europa.

Unha vez no centro, as veterinarias fan a revisión, miran se ten o chip e se desparasita. Se ten chip, contactan cos donos, que teñen 10 días para recollelos, senón aparecen, o animal declárase abandonado enviando unha correspondente multa aos propietarios.

A partir de aí asígnaselle un canil, onde están pola noite, e mentres se alternan para saír ás zonas comúns. Porque é certo que hai incompatibilidades entre caracteres e hai algúns cans que acaban pelexándose.

Con todo, unha cousa debe quedar clara: Nunca se chega ao sacrificar un can. Un problema para a xestión da instalacion porque hai cans que se perpetúan durante anos, coidados pero sen estar nun entorno familiar.

Cans potencialmente perigoso

Así, a realidade é que hai pouco movemento de cans no centro, non así de gatiños, que se adoptan uns 10 ao mes.

Acontece porque en realidade hai dous perfís de cans no centro. Por un lado hai cans máis maiores que a xente, polo que sexa, non busca tanto. Pero sobre todo hai cans “potencialmente perigosos”, que na lei intentaron denominar como “de manexo especial”. Son 16 razas e os cruces entre elas, os recollidos na ordenanza, pero tamén se inclúen cans que tiveron un precedente de agresión a persoas ou animais; e outros que foron educados como garda.

Estes teñen que levar bozal sempre, ir amarrados cunha correa de 1,5m, e ademais requiren un seguro especial e unha licenza municipal nominal (e só poden saír á rúa coa persoa que teña esa licenza, non pode haber un can “da casa” que pasee toda a familia, supoñendo esta un dos principais argumentos das sacións).

Outras novas

O “cidadán can”: Unha guía didáctica sobre tenencia responsable de animais

De mascota a “perrhijo”: A Coruña, a cidade con máis cans que nenos

ÚLTIMAS

O Jazz Filloa acolle hoxe un debate sobre o estado de saúde da música local

A República Musical Mardi Gras homenaxea este mes de decembro ao Jazz Filloa celebrando...

Que será a campaña #ACoruñaPortoNegreiro?

Amence esta ponte a cidade da Coruña con carteis por todas partes co lema...

Os grupos folclóricos de Oleiros danse cita do García Márquez

O domingo 14 de decembro celébrase un gran festival dos grupos folclóricos do Concello...

Aberto o prazo para a residencia literaria ‘Latitude 43’ na Coruña, para autores de todo o mundo

O Concello da Coruña abriu o prazo para optar á residencia artística 'Latitude 43',...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here