Co hipotética suspensión das viaxes de fin de curso, a dirección do IMCE vén de convocar ás persoas usuarias do Programa de Ocio que se desenvolve no Fórum Metropolitano e no Ágora a unha reunión informativa.
A reunión aberta será o vindeiro luns 22 de decembro Horario, de 17:30 a 19:00 h no Auditorio do Fórum Metropolitano Temática, e formula como obxectivo a creación de “Novos plantexamentos para o Programa” “co obxectivo de mellorar o servizo, recoller impresións e incorporar propostas que contribúan a enriquecer o programa”.
Estarán Laura Seoane, directora do IMCE, María Esperón, directora do Ágora, Lola Pardo, directora do Fórum Metropolitano e Laura Cedrón, animadora sociocultural do IMCE e coordinadora do Programa de Ocio.
Máis novas
O BNG preguntará no pleno as razóns da “inexplicable” anulación da viaxe cultural do Fórum e Ágora

