InicioCULTURAO salón de actos de Afundación acolle este venres 19 un recital...

O salón de actos de Afundación acolle este venres 19 un recital de poesía con Víctor Hugo Díaz

Publicada o

Por Redacción

O escritor e poeta chileno Víctor Hugo Díaz participará este venres 19 de decembro, nun recital de poesía da súa obra. O acto consistirá na lectura dunha escolma de poemas castelán e galego, coa participación directa do autor e coa colaboración de Alejandra Bellón Tenreiro, Luis Pérez Rodríguez, Olga Patiño Nogueira e Xulio López Valcárcel.

A actividade, organizada pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e polo Consulado Honorario de Chile na Coruña, terá lugar mañá a partir das 19.00 horas no salón de actos da Sede Afundación, situado na rúa Estrela, 21. O recital supón unha oportunidade única para coñecer a obra dun dos poetas máis destacados do panorama literario chileno actual.

Víctor Hugo Díaz (Santiago de Chile, 1965) é unha das voces máis recoñecidas da poesía chilena contemporánea. Autor dunha sólida obra poética, publicou títulos como La comarca de senos caídosDoble vidaLugares de usoNo tocarfaltaAntología de baja pureza (1987–2013)Hechiza, poemas anticipadosLo puro puesto ou El suelo pesa, entre outros. Ao longo da súa traxectoria recibiu recoñecementos como a primeira Beca de Creación Taller Pablo Neruda (1988) ou o Premio Pablo Neruda (2004) polo conxunto da súa obra.

ÚLTIMAS

Apolo18, a nova banda herculina que rompe cos sons reinantes na Xeración Z

Levan apenas un ano e medio como formación e xa están copando titulares das...

A folga do transporte por estrada na Coruña volverá o mércores se non hai acordo

A folga de transportes de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña retomarase o...

Unha avaría obriga a deter un AVE entre A Coruña e Madrid e provoca atrasos de máis dunha hora

Unha incidencia técnica, sobre a que Renfe non deu máis detalles, obrigou a deter...

O Programa de Lecer e as débedas dos docentes, pendentes da vontade da empresa reincidente

Tivo lugar, finalmente onte, xoves 5 de febreiro, tras varios atrasos, a importante reunión...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here