InicioECONOMÍAO TSXG valida o proceso do Concello da Coruña para inscribir ao...

O TSXG valida o proceso do Concello da Coruña para inscribir ao seu nome a Casa Escariz

Publicada o

Por europapress

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación dos tres testamenteiros de Manuel Piñeiro Pose contra a sentenza que validaba o acordo do Concello da Coruña para facerse coa titularidade da Casa Escariz. O tribunal confirma así o procedemento municipal para inscribir no Rexistro da Propiedade estes dous inmobles situados na zona da Praza de Pontevedra, destinados por legado ao Hospital Municipal. A sentenza tamén exclúe á Fundación Legado Manuel Piñeiro Pose da litis, ao considerar que incorreu nunha “fraude procesual” ao intervir como codemandada sen lexitimidade.

O conflito orixinouse polo acordo de novembro de 2021 no que o consistorio decidiu acudir á consignación xudicial de 172.339 euros —o 6,51 % do valor catastral dos bens— para abonar aos testamenteiros como paso previo á inscrición dos inmobles a favor do Concello. Aínda que os apelantes alegaron indefensión e falta de competencia, os maxistrados subliñan que o acordo é un “acto meramente instrumental” e que os recorrentes tiveron acceso á documentación esencial e foron ouvidos durante o proceso administrativo e xudicial.

O TSXG valida que a vía contenciosa se limite a examinar cuestións de procedemento e competencia, sen entrar a valorar o fondo das disposicións testamentarias. Segundo a sentenza, calquera discrepancia substancial sobre o legado instituído por Piñeiro Pose deberá dirimirse ante a xurisdición civil, e non na administrativa.

Con esta resolución, desbórtase a existencia de vicios que invaliden o acto, xa que o tribunal considera que os testamenteiros tiveron un “coñecemento cabal” dos trámites para defender a súa postura. O fallo permite ao Concello seguir avanzando na consolidación da propiedade deste emblemático patrimonio coruñés para fins sociais.

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...