InicioMOV. SOCIAISO Concello de Oleiros gaña nos xulgados a un lobby israelí que...

O Concello de Oleiros gaña nos xulgados a un lobby israelí que pretendía censurar a información dos paneis luminosos

Publicada o

Por Redacción

Son famosos os carteis luminosos do Concello de Carballo, por alternar información cidadá práctica (horarios das farmacias, eventos, atascos…) con mensaxes de política mundial. EEUU e Israel son dous dos focos principais sobre os que se basean esas mensaxes crúas para concienciar á cidadanía sobre as prácticas malignas destes dous estados.

E van continuar sendo unha realidade, unha vez que o Concello de Oleiros ten gañado unha denuncia presentada por un lobby israelí contra el por unha campaña informativa nos paneis luminosos no 2024. O Xulgado do Contencioso Administrativo número 4 da Coruña acaba emitir unha sentenza favorable ao Concello desestimando o recurso presentado pola Asociación Acción y Comunicación Sobre Oriente Medio. A organización sionista con base en España pretendía censurar a publicación dunha imaxe de Benjamin Netanyahu xunto coa de Adolf Hitler baixo o lema MESMAS BESTAS ASASINAS, coa que se pretendía denunciar o xenocidio cometido polo Goberno de Israel contra a pobo palestino.

A sentenza ampara a actuación do Concello de Oleiros en base á Constitución Española, polo dereito á liberdade de expresión e á crítica política, entre outros. Ademais, impónselle ao lobby israelí o pago de todas as costas xudiciais.

Malia este tipo de presións e outras de índole superior como as ameazas veladas ao alcalde por parte do embaixadora de Israel no seu momento, o Concello de Oleiros leva décadas en campaña permanente en defensa da liberdade do pobo palestino. O Goberno municipal realizou constantes campañas informativas, accións reivindicativas, programas de cooperación, nomenclatura de espazos públicos, declaracións institucionais, manifestacións públicas, actos oficiais… en defensa da nobre causa palestina.

Nun momento que pasará á historia da humanidade polo posicionamento adoptado ante o atroz xenocidio perpetrado polo Goberno terrorista de Israel, Oleiros amasou unha vez máis o seu inquebrantable compromiso coa paz e cos dereitos humanos.

Mohamed Safa debulla o xenocidio de Gaza nunha nova conferencia na AC Alexandre Bóveda

ÚLTIMAS

A AV Agra lanza un duro comunicado e asegura que segue agardando polo parque que reivindica hai 40 anos

"Como é posíbel que o propio Concello chame “parque” ao espazo que vén de...

O IMCE aproba os pregos do próximo Programa de Lecer sen as aportacións dos docentes

A pesar das peticións dos docentes, e das promesas do edil de Cultura, o...

Novo Mesoiro estrea o seu novo parque deportivo

Necesaria era outra nova infraestrutura deportiva nun barrio de familias novas como Novo Mesoiro....

Reabre o parque infantil de Puga e Parga tras a renovación das zonas verdes e de xogos

Xa está aberto case na súa totalidade, para o desfrute dos nenos e nenas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here