Segue mellorando o grupo de goberno o servizo de BiciCoruña. A recta final da segunda fase de expansión deste transformador servizo da mobilidade urbana está chegando ao seu final, outras 29 novas estacións ata chegar ás 79, distribuídas entre os dez distritos da Coruña. Un servizo que se completa con máis de 59 quilómetros de rede ciclable (incluíndo carrís bici e carrís esquerdos habilitados e con velocidade máxima de 30km/h) que tamén deberían seguirse ampliándose. Podedes ver neste mapa tanto as estacións como a rede ciclable.
Esta pasada semana entraron en servizo 7 estacións —xa postas en rúa previamente— nos barrios dos Mallos (a carón do centro cívico e tamén na rúa Eusebio da Guarda), o Ensanche (rúa Alfredo Vicenti), Monte Alto (rúa Vila de Cambre), Pescaría (rúa Cordelería), entre A Agra do Orzán e O Ventorrillo (rúa Mosteiro de Bergondo), e no barrio dos Castros (entre a avenida da Pasaxe e rúas Buenavista e Nova Travesía Buenavista).
Ademais, a localización da nova base dos Castros tamén ten un sentido estratéxico en materia de seguridade viaria, xa que permitirá gañar visibilidade no paso peonil que hai no cruzamento entre Buenavista e Nova Travesía Buenavista, un espazo con moito tránsito de persoas a pé, dada a proximidade da parada de autobús intermodal que hai na explanada dianteira da igrexa do barrio.
Ás tarefas para a posta en funcionamento destas bases sumáronse, ademais, os traballos de instalación doutra máis, nos espazos exteriores da estación intermodal da Sardiñeira, onde continúan as obras de remodelación, e que se porá en marcha esta semana.
Máis novas de mobilidade
Xuxán, Meicende, Os Mallos e Monte Alto estrearán 6 novas estacións de Bicicoruña
BiciCoruña: 11,50 euros por alugar unha bicicleta durante un día; 16,75, tres días; e 40, un ano
A Masa Crítica volve sacar as bicis na Coruña 20 anos despois da súa creación
A Masa Crítica volve sacar as bicis na Coruña 20 anos despois da súa creación
A Escola da Bici de Mobiliza ou como perder o medo a circular pola cidade

