InicioBARRIOSA primeira poxa do Plan de Ruínas permítelle a 4 propietarios adquirir...

A primeira poxa do Plan de Ruínas permítelle a 4 propietarios adquirir un edificio enteiro da Cidade Vella por 141.000€

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

141.321 euros acaban de pagar catro particulares representados por Jorge Vázquez Couto, para facerse co edificio da rúa Damas, 3, no marco da primeira poxa do Plan de Ruínas.

Un plan de rehabilitación que permite que o Concello saque a poxa un inmoble cando a propiedade non actúe sobre el. A cantidade recadada seralle entregada ao titular actual. Quen resulte adxudicatario da poxa deberá acometer de xeito inmediato, tal e como especifican os pregos, obras de estabilización da fachada. Ademais, desde a sinatura da compra terá tres meses de prazo para presentar un proxecto de reforma para o edificio. Os pregos establecen tamén un prazo de nove meses para que a nova propiedade comece as obras de rehabilitación.

O Plan de Ruínas xa permitiu que outros inmobles na rúa Orzán cambiasen de mans nos últimos meses e que se presentasen proxectos para a súa restauración. A intención do Goberno municipal é a de seguir aplicando o sistema para evitar espazos degradados na urbe e para contribuír tamén a aumentar a bolsa de vivenda dispoñible.

Outras novas

Aprobada a primeira licenza do “delirio urbanístico” de Visma

ÚLTIMAS

A Coruña anulará os acordos de 1962 que facilitaron o paso da Casa Cornide á familia Franco

O Concello da Coruña levará ao pleno da próxima semana a anulación de dous...

Inés Rey tras as protestas por Ceuta: “A solidariedade non é envolverse nunha bandeira”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, criticou este xoves a presenza do presidente da...

Prisión para un home acusado de tentar matar outro tras apuñalalo en Cambre

Un home ingresou en prisión como presunto autor dun delito de homicidio en grao...

A mesta néboa obriga a desviar dous voos da Coruña a Vigo

Dúas aeronaves tiveron que ser desviadas do aeroporto da Coruña ao de Vigo debido,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here