InicioA CORUÑAIzan e unha marea de voluntari@s retirou 150 kg de lixo da...

Izan e unha marea de voluntari@s retirou 150 kg de lixo da area de Riazor

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tivo lugar este sábado unha limpeza simultánea en areais de toda Galicia. Unha xornada promovida dende as redes Izan Voluntario (@voluntariolimpiezagalicia), que tiña como epicentro a praia de Riazor. Izan e uns 15 persoas voluntarias, ás que se sumaron moitas máis persoas de forma espontánea ao ver a acción dende a rúa, protagonizaron a retirada de máis de 150 quilos de residuos.

Durante a intervención atopáronse principalmente toallitas húmidas, microplásticos e restos de botellóns, residuos que supoñen unha grave ameaza para os ecosistemas mariñeiros e costeiros.

Con gran satisfacción, o activista ambiental Izan completaba así a súa limpeza número 125 en toda Galicia, mentres en outras partes do país como Malpica ou Laxe colectivos como Limpocean ou Mar de Fábula se unían á xornada de defensa do litoral galego.

No caso herculino, a xornada contou coa colaboración de Reflix Bebidas e de Surfrider, que achegou material necesario para levar a cabo a limpeza. Desde a organización destácase a importancia deste tipo de accións tanto para a retirada directa de residuos como para a sensibilización social, e anímase á cidadanía a participar e reducir o impacto dos seus residuos nos espazos naturais.

Unha nova demostración daa crecente concienciación cidadá sobre o coidado do medio ambiente en todos os sectores da sociedade.

Máis novas

Izan Voluntario convoca este sábado, dende o Orzán, limpezas de praias en toda España

A “movida” medioambiental de San Amaro que reinserta e conciencia

ÚLTIMAS

Dous exalcaldes do PP de Miño, a xuízo por prorrogar contratos a pesar de informes negativos do interventor

A Audiencia Provincial da Coruña acolle a próxima semana o xuízo contra os exalcaldes...

A Xunta activa para este luns a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña

A Xunta activou para este luns, 12 de xaneiro, a alerta laranxa por temporal...

Detido un home nas Paxareiras por quebrantar unha orde de afastamento e desobedecer á autoridade

A Policía Nacional da Coruña detivo esta pasada madrugada do sábado ao domingo a...

O Museo de Belas Artes e as entidades da cidade convirten a arte en elemento de inclusión

Presentouse esta mañá de venres no Museo de Belas Artes a exposición colectiva realizada...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here