Grandes novas neste 2026 para a escea musical coruñesa. Volve Meu (@meutheband. Aquela banda formada en 2004 por membros de Deluxe, Elephant Band, Ultracuerpos e Triceratops, reúnese 14 anos despois do seu último concerto e case 20 anos despois do seus primeiros dous discos (What’s Up? (Rock On, 2005) and Did you Hear? (Rock On, 2007).
Os Nacho Mora, Ricardo Saavedra , Mikelini Martínez, Alberto Dopico e Alexandro González lanzan agora o seu terceiro álbum, “Thak you for holding”, cuio vinilo está recén recén chegado á cidade.
“Meu mola e o demais é curro”
“Na primeira época tiñamos un dito que dicía aquelo “Meu mola e o demais é curro”, e de repente converteuse nun curro máis. Agora dende que nos volvemos a xuntar no verán de 2024, volveu esa motivación“, explica o vocalista Nacho, que percorre o eixo Atlántico para os ensaios, xa que vive en Pontevedra dende hai 20 anos.
Mora lembra que cando o deixara ao chegar a crise de 2008 e o “selo foise ao carallo”, xa tiñan varias maquetas preparadas. “Quedáranos esa espiniña clavada de facer un terceiro disco”, recoñece. Agora, 15 anos despois, revisaron algúns deses temas, aproveitando a roda melóica pero cambiando melodías da voz, os ritmos… incluíronos na lista inicial de 20 temas pero finalmente, na escolla para o disco quedaron fóra. “Non había tanta motivación en tocar temas de hai 15 anos”, explica.
A realidade é que hoxe si que hai unha “evolución no son; antes era un pouco máis clásico, e creo que agora si que se nota un pouco máis como se tiveran pasado 15 anos…”. “Estamos frescos, si”, bromea!
Os primeiros singles
Hai dúas semanas lanzaba o primeiro sinxelo, un fresquísimo ”Having fun”, que ben podería estar feito nos primeiros 2000 en Manchester.
Esta semana parararon debaixo de Lavedra para presentar o segundo single, ”No what”, en clave máis electrónica e bailable.
Xa se pode comprar xa o teu vinilo en chesapik, (en febreiro estará todo o disco nas plataformas) mentre esperamos polos bolos deste verán (a estrea será en maio na nosa cidade), que de seguro que encherán os escenarios da cidade e de media Galicia (poden falar con Esquío).
Outras novas
Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”
En Vilo busca afianzar cunha campaña de micromecenazgo o museo musical da cidade

