Tivo lugar esta mañá, na rúa Santiago 15, diante do stolpestein de Leopoldo López Criado, a presentación da guía centrada na historia dos coruñeses deportados aos campos de concentración nazis. A publicación, elaborada en colaboración coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), recolle un percorrido polas Stolpersteine instaladas fronte ás casas natais dos once deportados, así como contexto histórico e biográfico sobre cada un deles.
No acto interviñeron a voceira da ARMH, Carmen Rodeja; o Concelleiro Gonzalo Castro, o investigador David Lozano; e familiares das vítimas, como Ángel Vázquez, sobriño de Adolfo Bregua Mouriño, e Margarita del Castillo, sobriña de Adrián del Castillo Soutelo. Todos puxeron de manifesto a importancia de manter viva a memoria das persoas que loitaron pola liberdade e sufriron o horror dos campos nazis.
Esta mesma tarde haberá unha reunión informativa prevista para as 18:00 horas na Casa Museo Casares Quiroga, na que está confirmada a participación de familiares dos deportados e especialistas na materia.
Memoria como reclamo
A iniciativa forma parte dunha estratexia máis ampla que, nos últimos anos, para integrar a memoria histórica nas políticas culturais, educativas e turísticas. A Coruña foi a primeira cidade galega en instalar Stolpersteine, lastras de latón que lembran os nomes e destinos dos coruñeses deportados, e que agora se recollen neste novo recurso turístico e pedagóxico.
A publicación do folleto complementa as múltiples liñas de traballo impulsadas pola ARMH en colaboración co Concello: exposicións itinerantes, libros biográficos, recursos dixitais e accións xudiciais internacionais. A través da web www.deportadoscoruna.com, pódese acceder a materiais que contribúen a combater o esquecemento e garantir a transmisión da memoria ás novas xeracións.
DEPORTADOS DA CORUÑA CON STOLPESTEINE
A ARMH lembra os nomes dos deportados herculinos que xa contan cun Stolpersteine.
- José Albedro Villaverde, 1907. Faleceu en Gusen o 24/1/1943,
- Adolfo Bregua Mouriño. 1906 . Foi liberado de Mauthausen o 5/5/1945. Refixo a súa vida en Brasil, e moi de maior, voltou ó seu barrio, Vioño.
- Víctor Manuel Conde Núñez, nado en Coruña 1903 . Mauthausen. Conseguiu sobrevivir e foi liberado o 5/5/1945.
- Clemente Juan De La Cruz García, 1910. Gaseado en Harteim o 29 de septembro de 1941.
- Adrián del Castillo Soutelo, 1906. Gaseárono en Harteim o 24/9/1941.
- Manuel Fernández Tárrago, 1926. Dachau, Neuengamme, Gross-rosen, Mittelbau-dora, foi liberado polas tropas aliadas.
- Martín Ferreiro Álvarez, 1892 Aínda que non naceu na Coruña, foi concelleiro de Obras públicas na última corporación republicana da cidade. Morre en Gusen morre o 23/11/1941.
- Arturo García Lagares, 1985. Gusen, onde rematan ca súa vida o 12/07/1941.
- Juan González del Valle, 1898. Gaseado o 26/9/1941 en Hartheim.
- Leopoldo López Criado, 1905 .Gusen, onde será asasinado o 3/11/1941.
- Julio Martínez Arias, 1910. Foi gaseado en Hartheim o 7/9/1941.
- José Martinez Cacheiro, 1901. Levado a Gusen e asasiñado o 23/11/1941.
- Luís Rafales Lamarca, 1917. Asasinado en Hartheim o 9/9/1941.
- Victor San Miguel Prado, 1914. Gusen, acabarían coa súa vida o 10/1/ 1942.
- Eduardo Sánchez García, 1913. Mauthausen, Vöcklabruk. Logra sobrevivir ata a liberación.
- Enrique Tallón Charlón, 1912 En Gusen o 27/12/1941 acabarían coa súa vida.
- Francisco Tallón Charlón, 1916 Mauthausen consegue sobrevivir.
Deportados con “stolpersteine” noutras vilas:
- Fernando Batalla Canle, naceu na Coruña 1915 Asasinado en Hartheim 22/09/1941. Cun stolpersteine en Xixón
- Emilio Rodríguez Perez, naceu na Coruña31/07/1913. Buchenwald o 04/03/1942. Despois foi trasladado a Dachau, para regresar de novo a Buchenwald, liberado. Con stolpersteine en Xixón.
- Matías Rodríguez Barajas, viviu na Coruña Asasinado en Gusen morreu de 1941. Con stolpersteine en Castronuño.
- José Rubio Delgado, nacido na Coruña, Mauthausen , Dachau e Buchenwald. Foi liberado 03 de maio de 1945. Con stolpersteine en Gironella.
Máis novas sobre Memoria
“O Consello da Memoria Democrática leva 4 anos sen se convocar”

