InicioA CORUÑAA AC Alexandre Bóveda e CUAC FM comparten aniversarios

A AC Alexandre Bóveda e CUAC FM comparten aniversarios

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Son dúas entidades máis importantes e máis vivas da cidade, que ademais celebran neste 2026 aniversarios redondos. Que mellor que unirse para celebrar un simbólico acto de irmanamento.

A cita que unirá o 50 aniversario da AC Alexandre Bóveda e o 30 aniversario da CUAC FM será este venres 30 de xaneiro, ás 19:30h no local da ACAB en Santo Andrés, enriba do Circo de Artesáns. Baixo o lema “Dúas travesías, unha onda común”, o acto acollerá a proxección do documental “Nada que ver”, e ademais gravarase cunha tertulia sobre tertulia galega un dos programas máis lonxevos a emisora, Recendo, con máis de 500 programas nas ondas.

A entrada é libre, e CUAC FM agasallára ás primeiras 40 persoas en chegar cun exemplar do seu libro Que bonitas son as ondas radiofónicas: 30 anos de CUAC FM presentado o pasado día 30 e que conta con colaboracións de persoas tan coñecidas como Inés Rey, Ricardo Cao, Xurxo Souto, Isabel Risco, Lucía Veiga, Nacho Carretero e Iñaki Gabilondo.

O gran concerto da CUAC, o 27 de marzo

A CUAC celebra un dos eventos máis fortes do ano o 27 de marzo, o día exacto no que saían ás ondas no 1996. Xa están as entradas entradasataquilla.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by CUAC FM (@cuacfm)

Novas das entidades

50 anos da senlleira A.C. Alexandre Bóveda

2026 arrinca en clave de aniversario: 30 anos de CuacFM e 45 do Jazz Filloa

Un libro colectivo para comezar a celebrar o 30 aniversario da CUAC FM

ÚLTIMAS

A Coruña pecha parques, xardíns e praias pola alerta meteorolóxica

O Concello da Coruña pechou este xoves e tamén o fará o venres parques,...

“Non queremos a Manuel Fraga como Fillo Adoptivo da cidade nin da provincia”

O Pleno da Deputación da Coruña distinguía a Manuel Fraga Iribarne como Fillo Adoptivo...

O pleno da Coruña aproba de forma definitiva un orzamento de 375 millóns

O pleno da Coruña aprobou, de forma definitiva (cos votos a favor do PSOE...

Os docentes do Programa de Lecer deciden emprender accións de presión

Continúa asituación de incerteza entre o máis de medio centenar de docentes dos Cursos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here