InicioA CORUÑA50 anos da senlleira A.C. Alexandre Bóveda

50 anos da senlleira A.C. Alexandre Bóveda

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A día de hoxe é a Asociación Cultural máis viva da Coruña, a que máis actos realiza, e posiblemente a que máis público congrega. Pero que tamén pasa por ser unha das máis lonxevas, cumprindo neste 2026 nada menos que medio século.

50 anos pasaron dende que o 17 de agosto de 1976, coincidindo co 40 aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda, fundaban unha entidade que nacía vencellada á ”memoria do galeguismo democrático”. Antano, só o feito de existir xa era un xesto de resistencia; hoxe, a xeración de tanta actividade cultural comprometida, é un xesto de valentía e afouteza. “Conmemorar o pasado para construír o presente” como axioma.

A A.C. Alexandre Bóveda é unha parte fundamental do tecido cultural da cidade. Este 2025 contabilizaron máis de 200 eventos, unha auténtica burrada para unha entidade pequena, e enchendo salóns de actos varias veces á semana, algo impensable noutras latitudes con eventos como presentación de libros, charlas, exposicións, ou roteiros…

Esta semana, sen ir máis lonxe, comezou o luns coa nova novela de Xavier Alcalá; continuou o martes guiando unha exposición polo 125 aniversario da morte do naturalista Vítor López Seoane organizada polo Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses con Xosé A. Fraga; o luns seguiu coa presentación de “Castelao. Chama e alento incesantes”, da man de Pilar García Negro, Manuel Rei e Manuel Ferreiro; e hoxe xoves 22, celebran unha nova sesión do Cineclub Bóveda, coa proxección de Ondina.
Podedes seguir toda axenda na súa web.

Exposición

Faltábanos por completar a semana a xornada do venres, que conta cun evento especial, ademais. Para comezar a celebración deste singular aniversario, a entidade invita a todo o mundo este venres 23 de xaneiro, ás 19:30h, á inauguración da exposición “Memoria, Cultura, País: Medio século da ACAB”. A cita, coma sempre, no seu local, no primeiro andar da Rúa Santo André, 36, enriba do Circo de Artesáns, que servirá como punto de encontro para diferentes xeracións de colaboradores da casa.

Maria Xose Bravo e Carmela Galego da ACAB no Campo de Marte
María Xose Bravo e Carmela Galego no Campo de Marte

Durante o acto, as María Xosé Bravo, Carmela Galego e o resto da actual directiva, lembrarán persoas fundamentais na historia da entidade, como Margarita Vázquez Veras, a primeira presidentA da ntidade; agradecerán colectivos cos que colaboran habitualmente como a Universidade, a AELG, a CUAC FM, a Comisión de Memoria Histórica ascí como con xornais locais (como o XornaldaCoruña) ou asociacións veciñais; e porán en valor proxectos tan singulares como “A Coruña das Mulleres“ ou “A Coruña Literaria“.

Máis novas

Mohamed Safa: “Escribo e fago estas conferencias para recuperarmos o relato”

A rede da A.C. Alexandre Bóveda

A AMEGA descubriu a Coruña como gran precursora dos medios en galego

 

ÚLTIMAS

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...

Un xulgado da Coruña leva a Europa o cobramento das maletas de cabina de Ryanair, Vueling e Volotea

Un xulgado da Coruña solicitoulle ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que...

As familias do IES Zalaeta consegue paralizar as obras con risco de amianto ata a aprobación dun plan

Continúan as mobilizacións das familias no IES Zalaeta tras unha primeira convulsa semana de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here