InicioCULTURAMohamed Safa: "Escribo e fago estas conferencias para recuperarmos o relato"

Mohamed Safa: “Escribo e fago estas conferencias para recuperarmos o relato”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Volvía Mohamed Safa este mércores á AC Alexandre Bóveda, un ano e medio despois da súa última visita na cidade, a unha cita apoiada por “BDS Coruña”, o grupo a “Universidade Da Coruña x Palestina” e a “Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio”. Porque lamentablemente segue sendo de máxima importancia escoitar e coñecer de primeira man como está a sufrir o pobo palestino o xenocidio a mans do estado sionista de Israel, como explicaba Ubaldo Cerqueiro durante a presentación do evento, co que a entidade herculina pecha a súa completísima programación anual.

Recén recollido o recoñecemento da Rede Acampa pola Paz pola Defensa dos DDHH recén recollido, o oftalmólogo e activista palestino, afincado dende hai 40 anos no en Galicia, leva percorrendo o país aproveitando como excusa, o lanzamento do seu cuarto ensaio “Gaza, un xenocidio televisado”, un crú relato da situación actual que vive o seu pobo.

As notas de MOhamed Safa
As notas de Mohamed Safa

No libro, a verdade é que fai unha crúa viaxe polas rúas de Gaza, denunciando antes que nada o “silencio cómplice” de occidente, onde a poboación que está vendo tranquilamente dende a súa casa esta barbarie e non fai nada. Case que ao contrario, tendo en conta que é a primeira vez que o verdugo, o agresor, sae a cara descuberta e mesmo fachendea das súas atrocidades. 

Fai ademais defensa de algo que en Occidente nos costa asumir, como é a validez da resistencia bélica para enfrontarse a un xenocido. Pero claro, fala despois de 70 anos de ocupación, e nese sentido volve facer no libro un contexto histórico necesario para poder falar con criterio sobre a situación. 

Fai unha viaxe pola memoria como elemento de resistencia para intentar loitar contra o xogo sionista, que é capaz de montar o Museo do Holocausto enriba dun dos lugares máis sangrentos da Nakba do 48.  Safa fala moito de xenocidio, de ocupación, pero tamén de colonialismo, por exemplo avaliando o difícil desafío de explicar o chamado Acordo de Paz de Trump, perfecto exemplo da persistencia dunha lóxica de limpeza étnica diplomaticamente lexitimada.

Explica moi ben Safa no libro a realidade economicista da guerra, do xenocidio, e debulla moi ben como a experiencia na batalla, no asasinato, faille vender máis armas a Occidente na que chama “feira do xenocidio”. 

Pero así e todo, Safa, 40 anos despois de ter que machar a súa terra, mantén a esperanza. Cre que a forza da palabra é válida para recuperar o relato, o relato da resistencia, e conseguir unha saída xusta. E de aí esas comprometidas conferencias, nas que aínda se emociona por momentos.

Máis novas

A comunidade da Rede Acampa pola Paz rendeu un aplauso colectivo ao activismo por Palestina

Mohamed Safa: ”Non queremos unha loita étnica, isto é unha guerra anticolonialista”

ÚLTIMAS

As peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

Está dividido o deportivismo. Así se demostrou este xoves na manifestación convocada pola Federación...

O Atlantic Pride consolida á Coruña como capital da diversidade e o orgullo do noroeste peninsular

A sétima edición do Atlantic Pride, afianzou a posición da Coruña como a cidade...

As Xubias, Os Castros, Feáns, Monelos, Peruleiro- Mariñeiros, As Xubias e O Portiño métense de festa

Coruña vivirá unha das fins de semana máis intensas do verán en canto a...

Só ás couzas quedan na Casa Cornide

Non queda nada na Casa Cornide. O edificio, aínda propiedade dos Franco, pero en...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here