InicioA CORUÑAAs ANPAs da Coruña uniranse o 28 de febreiro nunha manifestación común

As ANPAs da Coruña uniranse o 28 de febreiro nunha manifestación común

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Son numerosas as diferentes comunidades escolares que levan todo o curso mobilizándose pola falta de mantemento das infraestruturas educativas e polos recortes en materia de profesorado de apoio ás NEE e NEAE, que impide que se garanta a atención educativa e a inclusión real.

Co ánimo de unir toda esa reinvicación nunha soa voz, a Federación Provincial de Centros Públicos da Coruña, en colaboración con todas as ANPAS da cidade, están a organizar unha gran manifestación para o sábado 28 de febreiro, que sairá ás 11:00h da Praza de Ourense e percorrerá todo o centro ata o Parrote.

”Por un ensino público digno e de calidade” é o lema principal, dando conta da sensación de “abandono é total” do noso sistema que teñen as familias por parte da Xunta (responsable principal na materia) e do Concello (de quen depende o mantemento continuo das instalacións).

“A escola pública leva anos acumulando carencias mentres as administracións responden con parches tardíos e insuficientes”, sinalan mentres denuncian as carencias concretas:

  • Aulas masificadas con ratios excesivas.
  • Profesorado sobrecargado e sen recursos suficientes.
  • Falta de especialistas e persoal de apoio e coidados.
  • Atención insuficiente ao alumnado con NEE e NEAE.
  • Instalacións avellentadas e perigosas.
  • Problemas de limpeza e salubridade.
  • Graves carencias de accesibilidade nos centros.

Ante esta situación, esixen unha “planificación real e eficacia administrativa a medio e longo prazo”, “a dotación de recursos humanos suficientes”, “un Orzamento digno e estable” así como criterios claros, públicos e obxectivos de intervención.

“Non pedimos privilexios. Esiximos dereitos. A educación pública é futuro”, sentenzan.

Oferta de emprego

A sitación coincide ademais coa nova oferta de emprego público docente  da Consellería de Educación, a cal é calificada pola CIG-Ensino como “a peor dos últimos sete anos”. O sindicato acusa ademais ao conselleiro de mentir e alerta ademais de que “se está xogando co profesorado por meros cálculos políticos” no que ten que ver co anuncio de “avanzar na negociación” da recuperación horaria do profesorado de Secundaria á espera do que acontece no Parlamento español co Anteproxecto de Lei do Ministerio que regula esta cuestión e a baixada de ratios.

 

Máis novas sobre o Ensino Público

Unha trintena de docentes péchanse no CEIP Concepción Areal 

Así foi a manifestación da comunidade escolar do CEIP Prácticas “por unha escola segura e digna”

Indignación nas familias do CEIP Cidade Vella tras escoitar en directo “as mentiras” da Xunta

As familias do CEIP Concepción Arenal apoian as demandas do seu profesorado ante a falta de persoal coidador

ANPA do CEIP de Tarrío esixe á Xunta máis recursos e atención inmediata

As ANPAS dos colexios de Oleiros levaron o seu manifesto ao pleno

As familias do CEIP Cidade Vella esixen na rúa con contundencia compromisos das administracións

A Xunta négalle ao CEIP Valle Inclán o aumento de profesorado na previa das concentracións das 6 ANPAS de Oleiros

As comunidades escolares percorreron Elviña e Monelos nunha multitudinaria manifestación por un ensino público de calidade

Outras novas das ANPAS

 

ÚLTIMAS

Pontón sobre Avia Veira como a candidata á Alcaldía da Coruña: “Abre un novo tempo”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou a figura de Avia Veira como...

O PP incide no informe sobre o impacto económico do Mundial que agocha o goberno municipal

Este venres, ás 13:30 horas, unha hora pouco habitual, celebrarase o pleno extraordinario do...

Desarticulada unha rede especializada en roubo de vehículos de alta gama

O grupo de delitos contra o patrimonio da Policía Xudicial da Garda Civil da...

Carlos Ares arrasa na gran festa da música independente

Mellor Álbum do ano, Mellor actuación en directo e Mellor álbum pop. Con 3...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here