InicioCULTURAO BNG esixe a convocatoria do Padroado da Fundación Luís Seoane para...

O BNG esixe a convocatoria do Padroado da Fundación Luís Seoane para abrir o novo concurso

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa pasaron máis de dous meses dende que un Padroado de mínimos acordase a convocatoria dun novo concurso público para a escolla da persoa que iría ocupar a praza de dirección substituta da Fundación Luís Seoane.

Pasaron máis de 3 dende que o Xornal destapase o polémico concurso previo, pero o Padroado continúa sen ser convocado, como denuncia hoxe o BNG, e a única novidade na Fundación foi a decisión da alcaldesa de abandonar a súa presidencia e de a delegar no concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

Ante esta situación, a concelleira Mercedes Queixas vén de rexistrar un rogo oral, para a súa lectura no Pleno do vindeiro xoves, por medio do cal insta o Goberno Local a que convoque de urxencia o Padroado da FLS para non só aprobar as bases do novo concurso, senón tamén as contas de 2025, ben como o plan de traballo e o orzamento de 2025.

O BNG aproveita para lembrar ue este novo concurso chega despois da polémica xerada na resolución da convocatoria anterior, “despois de ter sido advertidas deficiencias por parte de diferentes sectores da cultura relativas á falta de transparencia e ausencia de garantías dos principios de equidade e mérito”, remarca Queixas na exposición de motivos desta iniciativa. De feito, ata 150 persoas vinculadas á cultura chegaron a asinar un manifesto para expresar “o seu malestar polo proceso”, a reclamar “unha rectificación que viñese acompañada dun compromiso real coas boas prácticas e a transparencia”.
O BNG denunciou tamén esas irregularidades e solicitoulle á alcaldesa que dese explicacións, sen que estas se producisen, até o punto de nin sequera ter acudido á última reunión do Padroado, censura Queixas.

Novas do proceso

Un Padroado de mínimos aproba convocar un novo concurso para a dirección da Fundación Luís Seoane

Máis de 150 personalidades da cultura herculina asinan un Manifesto “pola dignidade e as boas prácticas” na Fundación Luís Seoane

ADACE cuestiona “a equidade do concurso e a confianza na gobernanza da Fundación Luís Seoane”

O concurso da praza de “directora substituta” da Fundación Luís Seoane, novo exemplo do abandono dunha da xoias culturais da cidade

ÚLTIMAS

A Coruña presenta a Carreira Enki no Barrio 2026 para promover a inclusión desde as aulas

O Concello da Coruña presentou este xoves a Carreira Enki no Barrio 2026, unha...

Pontón sobre Avia Veira como a candidata á Alcaldía da Coruña: “Abre un novo tempo”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou a figura de Avia Veira como...

O PP incide no informe sobre o impacto económico do Mundial que agocha o goberno municipal

Este venres, ás 13:30 horas, unha hora pouco habitual, celebrarase o pleno extraordinario do...

Desarticulada unha rede especializada en roubo de vehículos de alta gama

O grupo de delitos contra o patrimonio da Policía Xudicial da Garda Civil da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here