InicioA CORUÑAA división sindical retrasa o convenio de transporte

A división sindical retrasa o convenio de transporte

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Volverá haber folga este mércores no sector do transporte de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña (non no transporte urbano). Así o acordaron as asembleas de traballadores o pasado venres rexeitando o preacordo asinado por CCOO e TXG, e así se deriva da falta de avances na negociación do convenio colectivo trala reunión mantida onte entre patronal e sindicatos.

Unha das claves da falta de acordos é a división sindical. Como xa aconteceu a semana pasada, CCOO e UXT eran partidaron de asinar as medidas xa acordadas, mentres que a CIG se mantén impacable para blindar un convenio máis favorable para os traballadores.

Esa división revélase nos dous comunicados enviados por ambas partes, nas que se botan a culpa da falta de avances na negociación.

UXT e CCOO

Para os dous sindicatos estatais a reunión mantida onte no Consello Galego de Relacións Laborais ”os dá a razón”. Aseguran que as negociacións continuaron na mesma liña “deixando constancia en acta de diversos aspectos do texto negociado”. Así, aseguran que hai avances que teñen validez xurídica, como a aplicación dos atrasos a todos os conceptos, non só sobre o salario Base; ou o establecimento dun plus de xornada continua de 8€/día, que non impide o cobro das dietas en horario laboral. Aseguran que o texto non supón un empeoramento das condicións actuais nin do recollido no prego de condicións e cláusulas sociais, e que se esixen un míninmo de 2 horas diarias de contratación, e que as relacións laborais deberán ser regularizadas e actualizadas. Porén, indican que a xubilación parcial e a incapacidade temporal non están incluídas nos puntos de mediación.

A visión da CIG

”UGT e CCOO impiden seguir negociando e pretenden revivir o preacordo enterrado polo persoal”, aseguran dende a CIG, que promoven a negociación dun “acordo novo” “logo de contundente resultado das votacións”, que consideran “enterrou a proposta da patronal, UGT e CCOO”. “Ese acordo está morto e hai que traballar sobre unha proposta nova, porque os traballadores e traballadoras xa dixeron que non lles valía. Agora non só bloquean a posibilidade de negociar e acadar un texto mellor, senón que co subterfuxio da aclaración na acta, pretenden impor de novo o mesmo acordo matizado”, critica Ernesto López Rei, representante da CIG.

Por iso lamentan que non se realizase ningunha negociación, “xa que todo o tempo estivo dedicado a que a patronal respondera a unha serie de preguntas sobre os termos do preacordo rexeitado. Estas consultas xa estaban pactadas previamente e o único que foron ao Consello Galego hoxe foi a escenificar novemente algo xa precociñado e cuxas respostas xeran máis confusión, querendo maquillar un preacordo inasumíbel. Tanto UGT como CCOO manifestaron que precisan dous máis para someter ás súas bases o preacordo coas aclaracións e que o xoves ás 13 horas, traerán a resposta”.

“É unha irresponsabilidade e un atentado á democracia que estas alturas do conflito, UGT e CCOO manifesten na mesa que precisan dous días a maiores para aclarar a súa posición sobre o preacordo. Estamos ante unha imposición inaceptábel e un novo balón de osíxeno á patronal. O que está pasando na negociación deste convenio é inaudito e intolerábel”, valoran dende a central sindical.

Folga este mércores

Con este panorama, este mércores o traballadores están chamados pola CIG a secundar unha nova xornada de folga. Ademais, a CIG convocará asembleas de traballadores e traballadoras hoxe, martes día 10 pola noite, nas tres cidades, para explicar o acontecido e organizar a resposta co sector.

Máis novas do conflito

A folga do transporte por estrada na Coruña volverá o mércores se non hai acordo

Os traballadores do transporte rexeitan o preacordo do convenio e poñen de prazo ata o luns

Suspendida provisionalmente a folga no transporte de viaxeiros por estrada na Coruña tras alcanzar un preacordo que non asinará a CIG

ÚLTIMAS

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

As festas no Ventorillo aproveitan a ponte

Tralas festas do Rosario da Cidade Vella, tócalle tomar o relevo á AVV Ventorrillo....

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here