InicioA CORUÑAA Patronal do transporte vincula coa "desinformación" o rexeitamento ao preacordo

A Patronal do transporte vincula coa “desinformación” o rexeitamento ao preacordo

Publicada o

Por europapress

Hoxe volve haber folga no sector sector do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña. Trala dividida visión dos sindicatos, hoxe poñemos os oídos na patronal, que vén na “falta de información” ou a “desinformación” as causas do rexeitamento maioritario de traballadores e traballadoras ao preacordo sobre o convenio subscrito por CCOO e UXT e que a CIG non asinou por entender que inclúe “avances mínimos”.

Nun comunicado, e en referencia á reunión mantida o luns — o xoves convocarase outra aínda que a CIG mantén a súa convocatoria de paro indefinido desde este mércores –, afirma que “coa reactivación da negociación colectiva do sector de transporte de viaxeiros en autobús da provincia da Coruña, as organizacións empresarias entenden que onte se puxo de manifesto” esta “falta de información”.

“Na reunión cos sindicatos de onte volveron examinarse un a un os distintos asuntos que había sobre a mesa co obxectivo de evitar novas interpretacións confusas ou inadecuadas”, engade.

“Deste xeito, no difícil contexto actual, nos últimos 7 anos o sector sufriu un incremento de custos dun 8,4%, o preacordo suporía para o conxunto de traballadores do sector un incremento salarial do 22,1%, 15,3% entre os anos 22 a 24, 3,4% para o 2025 con efectos retroactivos e 3,4% con revisión do IPC real para o 2026”.

A maiores, recalca, “o documento inclúe propostas para o fomento da xornada continuada, cun plus de 8 euros diarios, a redución da xornada anual ás 1.800 horas, dous días de asuntos propios, plus de dispoñibilidade horaria para servizos discrecionales do 60% do salario basee, plus de absentismo de 1.000 euros anuais, acumulación do permiso de lactación en 17 días continuados”, cita, entre outras cuestións.

“A vontade da patronal é hoxe aclarar todas as cuestións dubidosas ou interpretadas erroneamente a través da central CIG, con absoluta vontade de diálogo e confiando en que ninguén caia no erro de querer impor o seu criterio”.

Por outra banda, as asociacións empresariais sinalan que a negociación colectiva “é algo dinámico e que en breve se iniciará a do convenio para o 2027”.

Máis novas do conflito

A división sindical retrasa o convenio de transporte

A folga do transporte por estrada na Coruña volverá o mércores se non hai acordo

 

ÚLTIMAS

A AV Agra lanza un duro comunicado e asegura que segue agardando polo parque que reivindica hai 40 anos

"Como é posíbel que o propio Concello chame “parque” ao espazo que vén de...

O IMCE aproba os pregos do próximo Programa de Lecer sen as aportacións dos docentes

A pesar das peticións dos docentes, e das promesas do edil de Cultura, o...

Novo Mesoiro estrea o seu novo parque deportivo

Necesaria era outra nova infraestrutura deportiva nun barrio de familias novas como Novo Mesoiro....

Reabre o parque infantil de Puga e Parga tras a renovación das zonas verdes e de xogos

Xa está aberto case na súa totalidade, para o desfrute dos nenos e nenas...