InicioA CORUÑANace na Coruña unha nova Escola de Coidado de Saúde para coidar...

Nace na Coruña unha nova Escola de Coidado de Saúde para coidar aos que coidan

Publicada o

Por Redacción

A Fundación Amador de Castro, en colaboración con Galzheimer Care, pon en marcha a Escola de Coidado e Saúde, un novo proxecto dirixido a persoas coidadoras de persoas con enfermidade de Alzheimer e outras demencias, co obxectivo de ofrecerlles un espazo onde aprender, compartir e sentirse acompañadas.

Unha escola que se concíbe como un proxecto estratéxico e sostido no tempo, non como unha acción puntual, cun itinerario formativo queano abordará aspectos clave como a comprensión da enfermidade, o manexo de situacións cotiás, o afrontamento ao estrés, a corresponsabilidade, a xestión emocional ou o autocoidado. A primeira sesión sobre “Sentimentos e emocións” celebrarase o vindeiro 24 de febreiro no Santander Work Center da Coruña.

A Escola nace desde a escoita activa ás necesidades das persoas coidadoras, que frecuentemente afrontan o coidado en soidade, cun alto desgaste emocional e poucas oportunidades para deterse e pensar en si mesmas. A través de sesións formativas e vivenciais, o proxecto propón un lugar seguro de aprendizaxe, reflexión e acompañamento ferramentas emocionais e prácticas para o día a día do coidado.

“Coidar a unha persoa con Alzheimer é un camiño complexo, cheo de amor, pero tamén de cansazo, dúbidas e medos. Con esta Escola queremos comunicar ás persoas coidadoras Susana de Castro, patroa da Fundación Amador de Castro, e engade, “necesitan espazos onde poidan parar, aprender e sentirse sostidas. A Escola de Coidado e Saúde non é só un espazo formativo; é un lugar de encontro. Aquí se valida la experiencia de quen coida, compártese o vivido e constrúese apoio mutuo. Coidar tamén implica coidarse”.

En palabras de Ana Díaz Cortés, presidenta de Galzheimer Care, “en Galicia estímase que preto de 70.000 persoas conviven coa enfermidade de Alzheimer e outras demencias, unha realidade que afecta non só a quen a padece, senón tamén a miles de familias e persoas Coidadoras. Neste contexto, accións como a Escola de Coidado e Saúde vólvense imprescindibles, xa que ofrecen apoio, formación e acompañamento aos que sosteñen o coidado día a día, moitas veces en silencio e con escasos recursos formativos e emocionais”.

Máis novas

A investigadora Ana Díaz pon en valor a importancia dos coidados no Alzheimer cun novo libro

Adolescentes e saúde mental

ÚLTIMAS

Monte Mero contará con 4.397 vivendas e un investimento autonómico de 66 millóns

O barrio coruñés de Monte Mero contará con 4.397 vivendas, das cales 3.521 (un...

Identifican os autores de novas verteduras en Culleredo de material dun taller e un restaurante

A Policía Local de Culleredo identificou aos responsables de tres novas verteduras incontroladas de...

Evacuado en helicóptero ao CHUAC un tripulante enfermo do cruceiro ‘Spirit of Adventure’

Un tripulante do cruceiro 'Spirit of Adventure' tivo que ser evacuado de urxencia ao...

O Porto da Coruña instala corenta placas para concienciar sobre o coidado do mar

A Autoridade Portuaria da Coruña iniciou unha acción de sensibilización cidadá coa instalación de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here