InicioA CORUÑAArena Limpia Gali Surf retira 250 quilos de residuos nunha limpeza dedicada...

Arena Limpia Gali Surf retira 250 quilos de residuos nunha limpeza dedicada ao surfistas do Orzán

Publicada o

Por Redacción

Despois de varios anos como Izanvoluntario, agora xa é @arena.limpia, pero coa mesma intención: seguir limpando o noso litoral.

Este domingo, a familia de amigos de Arena Limpia Gali Surf, achegáronse á Praia do Orzán para realizar nha intensa xornada de limpeza ambiental dedicada especialmente á comunidade surfista, un dos colectivos máis vinculados ao mar durante todo o ano.

Durante a intervención retiráronse aproximadamente 250 quilos de lixo, nunha actuación que, segundo os participantes “parece non ter fin” .

Unha parte moi significativa dos residuos recollidos estivo composta por microplásticos, reflectindo o grave impacto deste tipo de contaminación no ecosistema mariño e nun dos areais máis emblemáticos da cidade.

Ademais dos residuos habituais, o equipo logrou extraer da auga un conxunto de nasas portuguesas ilegais, que xa foran detectadas anteriormente na zona e que, pese a ter sido retiradas en ocasións previas, volveran aparecer. Tamén se conseguiu sacar un bidón de grandes dimensións, que supuña un risco ambiental e de seguridade para os usuarios do mar.

A xornada estivo marcada polo compromiso e a implicación dos voluntarios, especialmente surfeiros, que non só gozan das ondas do Orzán senón que tamén asumen un papel activo na súa conservación.

Desde Arena Limpia Gali Surf faise un chamamento a reforzar a vixilancia fronte á pesca ilegal e a continuar promovendo accións de concienciación cidadá para protexer litoral coruñés.

Izan Voluntario convértese en @arena.limpia

Izan e unha marea de voluntari@s retirou 150 kg de lixo da area de Riazor

ÚLTIMAS

A Coruña preparada para o Martes de Antroido e o Enterro da Sardiña

O Martes de Antroido e o Enterro da Sardiña pecharán este martes 17 e...

Os choqueiros de Veiga desafiaron o chaparrón

Segue afiandánzose a Romaría de San Blas de Veiga, o Entroido da Veiga, como...

Gran seguemento á folga sanitaria nos Hospitais e menor nos Centros de Saúde

O seguimento da folga de médicos e facultativos convocada a nivel estatal para reclamar...

25 comparsas participaron no concurso do Antroido

Este sábado celebrouse o desfile de Antroido, coa participación dun total de 25 comparsas....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here