InicioBARRIOSAs coplas das Orzaneiras no Antroido coruñés

As coplas das Orzaneiras no Antroido coruñés

Publicada o

Por Rodrigo Osorio

Como todos os anos dende 2014, As Orzaneiras, cumparsita non gobernamental, volveron encher as rúas coas súas coplas e ferretes para lembrar o antroido coruñés máis auténtico. O entroido de Canzobre e do Querelé da Silva, o do marqués de Pibela e César Sanjose). Unha festa de fóra de calquera concurso e/ou subvención municipal.

Estas choqueiras deixan ben claro cal é o seu ideario na súa canción de presentación:

AQUÍ ESTÁN AS ORZANEIRAS

Aquí están As Orzaneiras
dispostas para cantar
levamos funil e grelo
Ai, a flor do carnaval!
Non temos remordemento
tampouco amplificación
nós cantamos libremente
sen chupar… da subvención.

A semana pasada moitas viandantes puideron desfrutar, se tiveron a sorte de se atopar con elas polas rúas,  dos seus novos temas (cinco temazos, cinco) da máis «candente actualidade» que hoxe XORNAL DA CORUÑA reproduce en primicia para as súas lectoras, ao tempo que comparte o Boletín Orzaneiro deste 2026, que podedes descargar dende aquí:

AI, ESTARBAS
(Merengue caña brava)

Abram todas as orelhas
que hoje vimos pra cantar
a notícia esplendorosa
de que habemus Êstar-Bás.

N’há cidade neste mundo
que não tenha catedral,
ou que falte, se é moderna,
Macdonals nem Estarbás.

Retrouso
No Estárbas
a tortilla
leva topins
de Nocilla

Graças a este grande invento
os turistas não terão
de ir aos antros com a chusma
de Mont’Alto e mais do Orçã.

As bondades dum Estárbas
eu direi quais elas são:
máus salários, menos tascas
e mais gentrificação.

Retrouso

Nem se queixem polos preços
que compensam c’o sabor,
que o café que vende o Estárbas
é um purgante do melhor.

O café que vende o Estárbas
é um café mui delicado,
que lho regam os senhores
com sangue palestiniano.

Retrouso
No Estarbas

o batido
leva sangue
palestino

Terminamos as louvanças
que cantamos polas ruas,
a dizermos: “Ai, Estárbas,
muito estorvas ti na Crunha.”

***

O PAPA LEÓN XIV
(Muiñeira de Santo Amaro)

O Papa León XIV
O Papa León XIV
É galego, ben se ve,
Mais o que ninguén sabía
E foi sempre silenciado
que León era muller.

Retrouso
O Papa León era muller

o Papa León era unha muller
o Papa León era muller
marchou da Galiza mais quere volver

Unha moza de Porriño
Ela quería ser cura
“Ai, nena, non pode ser”
Rabia, carraxe e xenreira
“Fuxirei ao Vaticano
E de Mam(m)a vestirei”

Retrouso

Por fin instalada en Roma
“Ti valías para monxa”
“Non! Non! Non! Transitarei!
Serei mozo, crego e santo
Chamareime Robert Francis
Chegarei a Papa Rei!”

Retrouso

Galiza hoxe está de festa
Viva a moza porriñesa
Con corazón de leoa
Que tivo que mudar o nome
E converterse en León
Para levar a coroa.

***

NON ME MIRES, NON ME MIRES
(Nordés, de Diplomáticos de Monte-Alto)

30 millóns de turistas
Van á Coruña en agosto
Veñen mirar o eclipse
Como se cheira o negocio!

Ópticos e optometristas
xa fixeron unha entente
para subirlles os prezos
as pantallas e os lentes

Retrouso
Non me mires, non me mires

Non me fites cara á cara
Que podes rematar chosca
Aínda que estea eclipsada

30 millóns de turistas
Van á Coruña en agosto
4 a mirar o eclipse,
os demais xantar o polbo

Os oculistas pediron
que usemos lentes da China
Para garantirse ingresos
Para esta e a outra vida

Retrouso

***

QUIXERA SER
(Quisiera ser, del Dúo dinámico)

Quixera ser putero no (P)SOÉ
para poder violar sen compaixón,
quixera ser calquera do PP
para eu ter dereito a comisión.

Quixera ser tenente de alcaldé
para insultar sen conmiseración
e disolver a fiscalía para sempre
e acabar co Estado… español.

Quixera ser da Xunta president
para mandar nesta televisión
quixera ser mozo dun mandamás
para poder vivir nun aticó.

Quixera ser cuñao de Valentín
e traballar na súa deputación
E disolver a fiscalía para sempre
e acabar co Estado… español

Quixera ser democrata cabal
fillo leal da santa Transición
e disolver a fiscalía para sempre
e acabar co Estado… español.

E disolver a fiscalía
e acabar co Estado
quixera ser… bo español
quixera ser… bo español

***

PAVIMÉNTAME
(Contamíname, de Pedro Guerra)

Cóntame o conto da boa pipa,
do mal cemento:
das zonas verdes que che debemos.

Dime dos pisos e apartamentos
que estás facendo
alá nas Xubias, no monte Mero.

Pavímentame, sácame de diante todas as arbres
Vai, con estes seis anos tivemos bastante
Vai, pasa para casa que chegas tarde.
Vai, vai modernizar Guinea-Conakry

Pavímentame, remata comigo
e farás moi ricos os teus amigos
Pavímentame, remata comigo
e farás moi ricos os teus amigos

Cótame o conto deses turistas
que traen diñeiro,
dos limpos fumes deses cruceiros.

Dime as bondades e marabillas
do teu comercio:
“Sabor a España” é o primeiro.

Humanízame, pero non con turistas nin fodechinchos
vai, con estes seis anos tivemos bastante
Vai, pasa para casa que chegas tarde.
Vai, vai modernizar Guinea-Conakry

Pavímentame, remata comigo
e farás moi ricos os teus amigos
Pavímentame, remata comigo
e farás moi ricos os teus amigos

Cóntame o bulo ese da Cultura
e dos concertos:
de Reguetón, todos ben popeiros.

Dime dos festis de pulseriña
para os nenos
que paga a nai tras pedir diñeiro.

Culturízame, pero no con Quevedo, prefiro ó Fari
vai, con estes seis anos tivemos bastante
Vai, pasa para casa que chegas tarde.
Vai, vai modernizar Guinea-Conakry.

 

Outras novas do Antroido

25 comparsas participaron no concurso do Antroido

Dicionario Antroideiro (I): Momento Coruñento

Dicionario antroideiro coruñés (II) A chistera marabillosa do señor Canzobre

ÚLTIMAS

O Consello da Memoria Democrática propón aplicar o informe José Cornide tras 5 anos no caixón

Pasaron 9 meses dende a última sesión, pero este martes 24 de febreiro volveu...

O xuízo polo apuñalamento mortal na Coruña de Yoel Quispe comezará o 1 de xuño na Audiencia Provincial

O xuízo polo apuñalamento mortal do mozo Yoel Quispe, na Noiteboa de 2023 na...

O Real Club Deportivo xa ten un Museo que percorre os 120 anos da súa historia

Ficou inaugurada a Casa do Deportivismo. O Real Club Deportivo da Coruña estreaba este...

Operación Currelos: cae unha banda que roubaba na área metropolitana da Coruña

A Garda Civil, no marco da operación CURRELOS, procedeu á detención de dous homes...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here