InicioSUCESOSOperación Currelos: cae unha banda que roubaba na área metropolitana da Coruña

Operación Currelos: cae unha banda que roubaba na área metropolitana da Coruña

Publicada o

Por editor

A Garda Civil, no marco da operación CURRELOS, procedeu á detención de dous homes de 41 e 33 anos, veciños da A Laracha e Arteixo, como presuntos autores dunha trintena de delitos contra o patrimonio. A investigación foi desenvolvida polo Equipo ROCA da Compañía de Santiago de Compostela, en colaboración coa Policía Local de Cerceda e a Garda Civil de Santiago.

As pescudas iniciáronse tras detectarse un incremento de roubos con forza en instalacións municipais de Cerceda. A análise das evidencias permitiu determinar a existencia dunha metodoloxía criminal recorrente que, tras unha primeira fase centrada en dependencias públicas, se estendeu ao ámbito privado, con especial incidencia en garaxes e rochos de comunidades residenciais.

Durante a investigación constatouse que os implicados actuaban de maneira coordinada e empregaban un inmoble en A Laracha como base loxística para almacenar os efectos subtraídos. O ámbito de actuación do grupo abranguía de forma itinerante os municipios de Cerceda, Oleiros, Culleredo, Cambre, Carral e Arteixo.

A fase de explotación do operativo desenvolveuse na madrugada do pasado 19 de febreiro no casco urbano de Cerceda, onde un dispositivo de vixilancia permitiu sorprender os sospeitosos en pleno acto delituoso. Tras a súa interceptación, os axentes comprobaron que o condutor carecía de permiso de condución habilitante e presentaba indicios compatibles co consumo de substancias estupefacientes.

Posteriormente, e baixo o correspondente mandamento xudicial, practicouse un rexistro no domicilio empregado polo grupo en A Laracha. No operativo recuperáronse máis de trinta efectos subtraídos, entre eles un revólver do calibre .36 —sen número de serie e en avanzado estado de oxidación—, varias béstas e carabinas de aire comprimido, así como abundante material relacionado cos roubos, incluíndo ferramentas, aveños e obxectos de diversa índole.

O Tribunal de Instancia, Sección Civil e de Instrución, Praza 3 da Coruña, decretou o ingreso en prisión para os dous detidos, aos que se lles imputan presuntos delitos de roubo con forza, tenza ilícita de armas e atentado contra a autoridade e a seguridade viaria. Ambos contaban ademais con requisitorias xudiciais previas e un amplo historial de antecedentes por feitos de similar natureza.

ÚLTIMAS

A patronal de supermercados da Coruña denuncia “intimidacións a traballadores e a clientes” na folga

A Asociación de Supermercados da provincia da Coruña (ASAC) denunciou "intentos de bloqueo, intimidacións...

A Valedora do Pobo pídelle a Xunta que protexa os murais de Lugrís na Coruña

A Valedora do Pobo requiriu á Xunta para que informe sobre os murais de...

O comercio de alimentación da Coruña ameaza con levar a folga ao Nadal

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este martes na...

A IX edición de INTERSECCIÓN reúne 27 filmes de 22 países en cinco días

Xa está marcha INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña, cunha completa programación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here