Ficou inaugurada a Casa do Deportivismo. O Real Club Deportivo da Coruña estreaba este martes 24 de febreiro de 2026 o seu Dépor Museo&Tour, coa presenza do presidente da Xunta Alfonso Rueda, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o concelleiro José Manuel Vázquez Martínez (volveron desaproveitar Concello e Club unha boa ocasión para tenderse a man mentres se segue dilatando a decisión sobre o Mundial 2030.
Tras varios meses de obras, o novo museo ocupa o lugar que anteriormente foi destinado ao ximnasio Zona Fit, debaixo da grada de Tribuna.

O obxectivo é facer un percorrido polos 120 anos de historia do equipo coruñés a través de de máis de 200 pezas que forman parte do discurso expositivo inicial e de 2.000 obxectos de distinta natureza como trofeos, indumentarias, fotografías ou material audiovisual.
Rueda lembrou que estas instalacións se van a incorporar ao Sistema Galego de Centros Museísticos. Pola súa parte, o presidente do club, Juan Carlos Escotet, realizou este discurso: “Contar cun lugar que garde a memoria e as xestas deste club”:
Máis novas
Poucas novidades na constitución da Comisión Especial do Mundial 2030

