InicioCULTURAA 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares coa presentación do...

A 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares coa presentación do cartel

Publicada o

Por Redacción

Avanza a 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares. A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade organizadora dos galardóns, confiou este ano na ilustradora e deseñadora luguesa Rebeca Losada para crear a imaxe dos María Casares, dándolle así continuidade á iniciativa principiada en 2017 de encargar o deseño dos carteis a diferentes artistas co obxectivo de estreitar relacións entre o sector escénico e mais o ámbito da ilustración, da banda deseñada e mais do deseño gráfico.

Festa de Finalistas

Os espectáculos e profesionais finalistas da 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares daranse a coñecer o vindeiro mércores, 4 de marzo, durante a tradicional Festa de Finalistas que este ano volverá celebrarase en Santiago, na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia. A actriz Chus Álvarez encargarase de conducir o evento.

Un total de 45 espectáculos e preto de 400 profesionais concorren aos 30º Premios de Teatro María Casares. As candidaturas finalistas decídense a través dun sistema de votación aberto a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas.

A Gala

A gala de entrega terá lugar o mércores 8 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Os premios 2025

Os Premios María Casares escolleron Iribarne como a gran destacada da escena galega

ÚLTIMAS

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

O BNG pregunta ao Concello por que segue incumprindo a Lei de Memoria Democrática

O BNG denunciou incumprimentos da Lei de Memoria Democrática na Coruña e avanzou que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here