Os XXIX Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras. Un total de 17 espectáculos aspiraban a facerse con algún dos 16 galardóns nos que se dividen os premios, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Iribarne, de ButacaZero, converteuse na gran triunfadora da noite ao facerse con nove dos doce premios aos que aspiraba.
A gala converteuse nunha homenaxe aos oficios teatrais na que gañou gran protagonismo a figura das compañías de furgoneta, elemento central no cartel deste ano, deseñado por Sonia García. A gala conducida precisamente por Sarabela Teatro e permitiu que a xente presente no Teatro Rosalía realizasen unha fermosa viaxe.
Durante a gala, Belén Regueira leu o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro e fíxose entrega do Premio de Honra Marisa Soto a Xabier Deive.

Os premios
Iribarne levou os estes premios: Mellorespectáculo, dirección (Xavier Castiñeira), dirección de movemento (Sabela Domínguez), texto orixinal (Esther F. Carrodeguas), actor protagonista (Anxo Outumuro), actriz protagonista (Lidia Veiga), espazo sonoro (Berto), vestiario (Diego Valeiras) e espazo escénico (Diego Valeiras e Xavier Castiñeiras). Este último premio foi compartido con O dragón de ouro, espectáculo de Sarabela Teatro que levou catro galardóns: adaptación-tradución (Catuxa Pato), actriz secundaria (Sabela Gago), Iluminación (Laura Iturralde) e o xa citado espazo escénico (Iris Branco).
Os contos do Lobicán, obra de Redrum Teatro, conquistou o premio ao mellor espectáculo de monicreques, mentres que Monstros, de Producions Teatrais Excéntricas, acadou o de mellor espectáculo infantil. Apaga o candil, de Contraproducións, fíxose cun galardón (Toni Salgado ao mellor actor secundario), igual que Pum! Pum! Quen hai?, de Ártika Cía, que se impuxo na categoría de maquillaxe (Rocío Salgado e Fernanda Barrio).-

En resumo, gañadores/as por categoría:
- MAQUILLAXE: Rocío Salgado e Fernanda Barrio por PUM! PUM! Quen hai?, de Ártika
- VESTIARIO: Diego Valeiras por Iribarne, de ButacaZero.
- ILUMINACIÓN: Laura Iturralde por O dragón de Ouro, de Sarabela Teatro.
- ESPAZO ESCÉNICO: (ex aequo) Iris Branco por O dragón de ouro, de Sarabela Teatro, Diego Valeiras e Xavier Castiñeira por Iribarne, de ButacaZero.
- ESPAZO SONORO: Berto por Iribarne, de ButacaZero.
- ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Catuxa Pato por O dragón de ouro, de Sarabela Teatro.
- TEXTO ORIXINAL: Esther F. Carrodeguas por Iribarne, de ButacaZero
- ACTOR PROTAGONISTA: Anxo Outumuro por Iribarne, de ButacaZero
- ACTRIZ PROTAGONISTA: Lidia Veiga por Iribarne, de ButacaZero
- ACTRIZ SECUNDARIA: Sabela Gago por O dragón de ouro, de Sarabela Teatro.
- ACTOR SECUNDARIO: Toni Salgado por Apaga o candil, de Contraproducións
- DIRECCIÓN: Xavier Castiñeira por Iribarne, de ButacaZero
- DIRECCIÓN DE MOVEMENTO: Sabela Domínguez por Iribarne, de ButacaZero
- ESPECTÁCULO: Iribarne, de ButacaZero
- ESPECTÁCULO INFANTIL: Monstros, de Producións Teatráis Excéntricas.
- ESPECTÁCULO DE MONICREQUES: Os contos do Lobicán, de Redrum Teatro
Os premios contan coa colaboración de institucións e entidades como a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, a Fundación AISGE, a Fundación SGAE e Gadis.
Máis novas
Belén Regueira polo Día Mundial do Teatro: “Somos axentes fiscalizadores críticos do poder”