Parece que algo se move nos sectores da esquerda do país. Ou así se respiraba este domingo 8 de marzo na manifestación, única, convocada pola Marcha Mundial das Mulleres Galicia. Milleiros de persoas (6.000 segundo o Concello, pero moitas máis para os asistentes) ateigaban un Obelisco en obras, e baixo as arengas de diferentes colectivos, comezaban a caravana cara Tabacalera coa intención de “cambiar o mundo” no que nos temos metido.
Con vinculacións ao #Nonáguerra e á loita do pobo palestino, pero sobre todo con arengas feministas claras (“Aquí está, aquí se ve, o feminismo galego en pé” foi o berro máis repetido) e con alusións directas á loita contra a violencia de xénero, a manifestación ateigou Linares Rivas dende a praza de Mina ata a Casa do Mar, toda unha marea de respecto e sororidade que demostra que hai outra sociedade que a que sae nos telediarios.
Mención especial para o Sindicato de Estudantes, que xa se mobilizaba pola mañá pero que non deixou de participar masivamente na tarde dominical.
Aquí deixamos unha galería:
Máis novas do 8M
A CGT homenaxeou na Agra do Orzán ás vítimas do franquista “Patronato de Protección de la Mujer”
Multitudinario acto feminista na Fábrica sobre o Patronato de protección a la mujer franquista










