Esta mañá, a Policía Nacional realizou unha redada antidroga no narcopiso da rúa Rivadabia, nos Mallos. Unha marea de furgóns achegáronse a este coñecido punto de venda de droga, onde a veciñanza xa ten denunciando mesmo un homicidio.
A operación puido estar enmarcada nun operativo conxunto contra a venda de droga a pequena escala, con rexistros tamén noutros pisos da Agra do Orzán e de Meicende.


