InicioBARRIOSConvivindo co narcopiso cos Mallos

Convivindo co narcopiso cos Mallos [vídeo]

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A pasada semana a veciñanza dos Mallos saía á rúa para protestar pola existencia dun narcopiso na esquina entre as rúas Vizcaia e Ribadavia. Unha situación que se vive, debido auxe do consumo de heroína, tamén noutros barrios como o Ventorrillo, Meicende ou mesmo Monte Alto.

Falamos coa veciñanza para saber como é a convivencia cun destes pisos onde se trapichea día e noite (sorprende o horario de apertura tan ancho deste súper de venda de droga), con movemento continuo de persoas con adiccións, que xa leva case 3 anos “funcionando” sen que a forzas de seguridade tomen nota. E iso que ten habido ata un asasinato, e que a naturalidade coa que se vende e se compra droga é absoluta.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

A veciñanza xa está alerta cando escoitan un silbido, ou nas últimas semanas, uns golpes no contedor de lixo, acompañados dalgún berro (as discusións a berros de arriba abaixo son continuas…), para alertar aos vendedores. Nese momento, adóitase unha das fiestras rotas, e caen as chaves para que poidan sufrir.

Non soen ser molestos coa veciñanza, pero cada día a xente do mesmo portal e do barrio se atopan escenas como estas que vemos no vídeo: xeringas por todas partes, persoas  pinchándose ou fumando heroína en coches, portais… mesmo nas propias escaleiras do edificio cando o mono acecha.

Son continuos os altercados, e se un día un intenta abrir os buzóns, outro colle o extintor e o baleiras nas escaleiras. Unha das últimas, un home sangrando polo brazo, case coa xeringa colgando, intentando abrir todas as portas do coches da zona…

Todo isto provoca un medo continuo entre a veciñanza, que ve como ás veces hai “compradores” que ante a falta de atención dos vendedores espera a que abra algún veciño para poder entrar e timbrar xa no piso. Unha situación que fixo que varias veciñas xa abandonaran a zona.

Así, a veciñanza, consciente de que o piso é propiedade (ou herencia) das persoas que viven nel, esperan que as forzas de seguridade actúen para evitar tanto altercado público

Novas relacionadas

A veciñanza dos Mallos sae con cacerolas contra o narcopiso

A alcaldesa pide “calma” tras as protestas no Ventorrillo pola venda de droga

Meicende, outro barrio que sofre a vaga de roubos pola expansión da heroína

Tapiado o narcopiso de Monte Alto tras as protestas veciñais

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here