InicioA CORUÑA“O Mundial era o proxecto estrela de Inés Rey e o que...

“O Mundial era o proxecto estrela de Inés Rey e o que hai é un proxecto estrelado”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Pouco eco un día despois da renuncia do Concello da Coruña ao Mundial 2030. Apenas as reaccións de BNG e PP afondaron no cambio de rumbo do goberno socialista arredor do que ía ser lema de campaña e acabou sendo un fracaso.

É o voceiro do PP, Miguel Lorenzo, o único que quere facer fincapé no cambio de discurso da rexedora. “O Mundial era o proxecto estrela de Inés Rey e o que hai é un proxecto estrelado como o seu mandato e o seu goberno”, denunciou. “Inés Rey xa coñecía as condicións da FIFA cando presentou a candidatura. É incrible que onte diga que tomou a decisión tras analizar as esixencias da FIFA”.

Miguel Lorenzo en rolda de prensa esta mañá
Miguel Lorenzo en rolda de prensa esta mañá

O grupo popular anunciou que vén de pedir un Pleno extraordinario “para que Inés Rey pida perdón aos coruñeses polas súas mentiras sobre o Mundial, que non nos tome por idiotas”. “Unha Alcaldesa que non é capaz de arranxar unha fochanca como vai ser capaz de sacar adiante un proxecto como o do Mundial”, denuncia.

Va mais alá Lorenzo, “Dixo hai uns días que non era idiota, pois que non nos tome por idiotas aos demais porque nos mentiu e enganou, todo era unha farsa. Non había nada, nin proxecto nin financiamento nin inversores.”

“Dixen en 2024 que lle pediría desculpas se había Mundial, pero quen ten que pedir perdón non a min, senón aos coruñeses é Inés Rei por mentirnos e enganarnos. Dixo a Alcaldesa hai uns días que non era idiota, pois que non nos tome por idiotas aos demais.

 

Máis novas

O Concello camufla a renuncia ao Mundial cun proxecto de remodelación da cidade deportiva de Riazor

As críticas da Xunta, PP e BNG trala renuncia do Concello a ser sede do Mundial 2030

Inés Rey: “Houbo que elixir, e nós escollemos o benestar do club e unha etapa de entendemento mutuo”

ÚLTIMAS

A CUAC FM soplará ás velas do seu 30 aniversario este sábado 21 de marzo ás 13:04 en María Pita

Inmerso en pleno aniversario, a familia da CUAC FM debullou esta fin de semana...

Os médicos volverán concentrarse este mércores ás portas do CHUAC

Este mércores 18 de marzo, ás 11:00h, hai convocada unha nova concentración de médicos...

Os docentes do Programa de Lecer convocan unha reunión cos usuarios

Uns 70 docentes e uns 6.000 usuari@s seguen esperando pola reanudación dos cursos culturais...

O Concello camufla a renuncia ao Mundial cun proxecto de remodelación da cidade deportiva de Riazor

Chegou o día. Pasaron un ano e tres meses dende que A Coruña foi...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here