InicioCULTURAMonte Alto vive un Alcuentru entre Galicia e Asturias de música tradi

Monte Alto vive un Alcuentru entre Galicia e Asturias de música tradi

Publicada o

Por Redacción

Este sábado, 21 de marzo, o barrio de Monte Alto comparte música tradicional con Asturias no Alcuentru Trad-Urbán 2026. A agrupación Son d’aquí organiza,e n colaboración con varios colectivos, unha serie de  aulas, charlas, comida e foliada que tecerán pontes entre as comunidades irmás.

Este evento chega á Coruña tras anteriores edicións en Lugo ou Llanes (Asturias) e co barrio de Monte Alto e o colexio Eusebio da Guarda como grandes protagonistas xeográficos. A Agrupación Cultural Son d’aquí, que colabora coa organización encargándose tanto dalgunhas das aulas como de exercer de anfitrións na Espicha (comida) para coller forzas durante a xornada.

Haberá obradoiros no Eusebio e A Espicha celebrarase ás 14.00 horas na sede de Son d’aquí, na rúa Santo Tomás, 40, mentres que dende as 17.30 desenvolverase unha charla cos entroidos como protagonistas, no Centro Cívico de Monte Alto.

A festa terminará cunha foliada aberta, que abrirán as Cantareiras de Son d’aquí, seguidas de Soi Panderetera, de Xixón.

ÚLTIMAS

A Rede Acampa pola Paz, obrigada a disolver a súa actividade en Galicia

Outro dos fitos dos que se pode loubar o goberno socialista é de acabar...

Furor na Coruña pola eclipse: os hoteis están cheos cinco meses antes

A eclipse total de sol que poderá verse desde Galicia o próximo 12 de...

Amplíase o servizo de atención aos cidadáns 010 a todos os días da semana

O Concello da Coruña ampliou o servizo 010 de atención aos cidadáns a todos...

Arrinca en Arteixo a tempada do Campionato Xunta de Galicia de Autocross 2026

O sábado 21 de marzo darase o pistoletazo de saída á tempada do Campionato...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here