InicioCULTURAA Coruña acollerá a VII Semana do Cinema Galego coas finalistas dos...

A Coruña acollerá a VII Semana do Cinema Galego coas finalistas dos Mestre Mateo

Publicada o

Por europapress

A Coruña converterase na capital do audiovisual entre o 7 e o 10 de abril coa celebración da VII Semana do Cinema Galego. O certame proxectará no Teatro Colón e na Domus un total de oito fitas —catro de ficción e catro documentais— producidas no último ano.

As sesións, que serán totalmente gratuítas ata completar afoto, incluirán coloquios cos equipos das películas tras cada pase. Segundo explicou Regueira, a programación “inclúe o máis condensado do cinema galego actual” cunha selección de títulos que resultaron finalistas na última edición dos Premios Mestre Mateo. A directiva definiu a oferta como “plural, diversa e moi variada”, abranguendo xéneros como o drama, a comedia, a historia e a etnografía co denominador común da calidade.

“BOA SAÚDE” AUDIOVISUAL

Respecto á situación do sector, Regueira destacou que o audiovisual galego demostra ser cada vez máis un “embaixador cultural e tamén potencia industrial”, subliñando que existe unha “boa percepción social” das producións propias. No entanto, matizou que, aínda que o peso económico é significativo, aínda quedan retos por diante: “Hai boa saúde pero moita capacidade de melloría tamén“, resumiu. Pola súa banda, a rexedora Inés Rei destacou que o ciclo permitirá ver os “grandes éxitos” dos últimos doce meses e asegurou que “a xente ten ganas de cinema e sobre todo das nosas producións”.

O certame dará comezo coa longametraxe ‘Sirât’, dirixida por Oliver Laxe, que se exhibirá o martes 7 ás 19:00 horas no Teatro Colón. A carteleira completarase coas proxeccións de ‘As liñas descontinuas’, ‘San Simón’, ‘Antes de nós’, ‘Deuses de pedra’, ‘Ao son da nova regueifa’, ‘O silencio herdado’ e ‘360 curvas’.

Programa

  • Martes 7 de abril, no Teatro Colón:
    – 19:00h: Sirat, Oliver Laxe.
    – 21:00As liñas descontinuas, Anxos Fazáns.
  • Mércores 8 de abril, Teatro Colón:
    – 19:00h: San Simón, Miguel Ángel Delgado;
    . 21:00h: Antes de nós, Ángeles Huerta.
  • Xoves 9 de abril, Domus:
    – 19:00h: Deuses de pedra, Iván Castiñeira;
    – 21:00: Ao son da nova regueifa, Manolo Maseda e Saúl RIvas.
  • Venres 19 de abril, Domus:
    – 19:00h: O silencio herdado, Lucía Dapena; – 21:00: 360 Curvas, Alejandro Gándara e Ariadna Silva.

ÚLTIMAS

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

As festas no Ventorillo aproveitan a ponte

Tralas festas do Rosario da Cidade Vella, tócalle tomar o relevo á AVV Ventorrillo....

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...