InicioA CORUÑAO'Mega tralo acordo coa Xunta: "Os pacientes terán, por exemplo, consultas de...

O’Mega tralo acordo coa Xunta: “Os pacientes terán, por exemplo, consultas de 10 minutos”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Anunciaba onte o sindicato O’Mega, tras unha serie de maratonianas reunións coa Consellería de Sanidade, un acordo que permitía realizar a desconvocatoria da folga na Atención Primaria. Unha folga activa deende o 2 de marzo, que provocou a cancelación de preto de 80.000 consultas médicas en centros de saúde e puntos de atención continuada (PACs) de toda Galicia.

Por iso, e porque a calidade do servizo vai mellorar moito cos acordos alcanzados, o sindicato maioritario en Galicia quere poñer o foco nos pacientes, nos usuarios da sanidade pública galega, que considera “os principais beneficiados polo acordo alcanzado onte á noite entre a Consellería de Sanidade e O´Mega”.

O´Mega considera que o acordo alcanzado “supón unha gran mellora para polos médicos e os usuarios da sanidade pública galega e só lamenta que fose preciso o sacrificio de levar a cabo unha folga de tres semanas para alcanzar uns obxectivos que poderían conseguirse cunha negociación como a levada a cabo nos dous últimos días”.
O sindicato e a Consellería de Sanidade celebrarán agora con carácter trimestral reunións para facer un seguimento da implantación das medidas contidas no acordo alcanzado onte

10 minutos de consulta

Por primeira vez na historia do Servizo Galego de Saúde (Sergas) os pacientes terán acceso a unha consulta de 10 minutos de duración– o dobre da media establecida ata agora- cun médico que poderá ademais atendelos en mellores condicións que cando estaba sometido a unha sobrecarga asistencial.

Este cambio, que comezará a aplicarse xa o próximo 15 de xuño e que estará plenamente implantado en outubro, “garantirá aos usuarios da sanidade pública galega o acceso a un diagnóstico e prescrición médica realizados en mellores condicións e reforzará os lazos de comunicación e empatía entre o paciente e o seu médico de Atención Primaria no que supón a porta de acceso da poboación aos servizos sanitarios”, aseguran dende o sindicato.

30 consultas por xornada

Os facultativos, pola súa banda, verán cumprida a súa histórica reivindicación dun límite ordinario de 30 actos médicos por xornada laboral, o que rebaixará a sobrecarga asistencial que agora veñen soportando. Esta modificación aplicarase tamén a pediatras e odontólogos.

Axendas de absorción

Segundo o acordo, este cambio non suporá ademais o incremento das listas de espera porque o exceso de demanda será asumido por un mecanismo que xerará as axendas de absorción e a Xunta comprométese con O´Mega a poñer en marcha medidas que reduzan a burocratización da Atención Primaria e a levar a cabo unha reorganización funcional dos equipos que favoreza unha distribución máis eficiente das tarefas.

Outros acordos

Ademais, a Xunta recoñece que o MIR é “a única” vía de especialización médica en Galicia e recoñece, tamén como única, a figura do médico de familia.

A Consellería de Sanidade fixará antes do próximo mes de xuño os novos criterios de cómputo da xornada nos PACs (puntos de atención continuada) con efectos tamén retroactivos a 1 de xaneiro.

Do mesmo xeito, a Consellería de Sanidade reducirá o tramo necesario para obter a retribución da xornada complementaria pasando das 160 horas actuais a 140 neste mesmo ano, a 130 en 2027 e a 122 a partir do 1 de xaneiro de 2028.

A Xunta aceptou tamén a reivindicación de O´Mega de aprobar o acordo de voluntariedade das gardas en Atención Primaria, que serán incentivadas buscando unha equidade retributiva entre o persoal de PAC e o dos centros de saúde.

 

Máis novas do conflito

Desconvocada a folga na Anteción Primaria

 

 

 

 

ÚLTIMAS

Docentes e usuari@s dos cursos culturais do Programa de Lecer piden información directa do Concello

Filtraba onte o Concello a varios medios da cidade como vai ser o vindeiro...

Avances na tramitación da declaración de 3 Lugares de Memoria na cidade

O Concello da Coruña e a secretaría do Estado para a Memoria Democrática avanzaron...

Esixen a reserva dunha planta para equipamento social nas novas vivendas sociais de Adelaida Muro

Anunciaba hai a comezos de mes o goberno estatal o proxecto para aproveitar o...

A Coruña acollerá a VII Semana do Cinema Galego coas finalistas dos Mestre Mateo

A Coruña converterase na capital do audiovisual entre o 7 e o 10 de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here