InicioA CORUÑACanto inflúen as Vivendas de Uso Turístico na subida de prezos do...

Canto inflúen as Vivendas de Uso Turístico na subida de prezos do alugueiro?

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Hai poucos estudios de arquitectura preocupados, de verdade, polo devir socio-urbanístico da cidade. Un dos que demostra sempre a súa vontade por aportar a súa visión en asuntos urbanos conflitivos e con impacto social é o colectivo Ergosfera, que en colaboración coa delegación herculina do Colexio de Arquitectos de Galicia (outra das entidades que amosa con rotundidade a súa posición crítica en proxectos como a fachada marítima), acaban de publicar coa axuda tamén de Benedi Álvarez (Defensa do Común) un estudio sobre o impacto das Vivendas de Uso Turístico (VUT) na cidade da Coruña.

Levan analizando dende finais de 2023 a evolución do número de vivendas así como da ubicación, e veñen de lanzar un “seguimento cartográfico” que serve para avaliar a real incidencia das VUT no aumento do prezo do alugueiro e no “acceso popular á vivenda”.

VUTs-na-Coruna_2017-2026_Ergosfera_COAG
Fonte: Ergosfera

Os datos reflicten un aumento continuo (superando sempre o 24% anual) dende 2017 ata mediados de 2025, onde coincidindo coa aprobación definitiva en pleno da Ordenanza reguladora das VUT, a curva comeza a cambiar a tendencia, chegando a baixar mesmo un 2% nos últimos 6 meses de 2025.
A cifra está estancada entre as 1.300 e as 1.400 vivendas de uso turístico, o que supón un 5% do total de vivendas en réxime de alugueiro (unhas 24.600 que situaba o IGE en 2021).

O colectivo valora a normativa como “un paso moi importante para a transformación do modelo que permitiu un crecemento continuo de VUT con cifras de incrementos anuais enormes”. Pero con todo, o grupo é prudente e recoñece que nos últimos 9 meses “o ritmo de recuperación de vivendas para o mercado do alugueiro residencial ou, como mínimo, o ritmo de desaparición de VUT da listaxe oficial do REAT, non parece que se corresponda coa realidade normativa vixente”.

Entende pois o colectivo de urbanistas que a Ordenanza é “ineficaz” á hora de facilitar o acceso á vivenda ás clases máis populares, criticando en parte a falta de apoio da Xunta.

En calquera caso, valora que “aínda que o impacto das VUT no acceso popular á vivenda (pola redución do parque de viviendas dispoñible para alugueiro residencial e polo incremento xeral dos prezos da vivenda en alugueiro) é xa un consenso científico e incluso xurídico (non político), os impactos do fenómeno son varios (na convivencia nos propios edificios, na vida urbana dos barrios sobresaturados ou nas economías públicas e privadas da cidade) e, polo tanto, tamén son diversas as perspectivas desde as que se poden analizar as VUT”.

Podedes ver no blog do estudio a análise completa, que nos serve para analizar en conxunto con outros datos moi importantes a nivel social, como as 30.000 vivendas baleiras que seguen paralizando a cidade; a expansión dos grandes “tenedores”, ou o impacto de grupos empresariais cun gran número de empregados con soldos máis altos que a media como Inditex, Abanca ou mesmo Estrella Galicia.

Máis novas

Máis de 700 vivendas de uso turístico na Coruña non cumpren a ordenanza municipal

A presidenta do COAG desmonta o proceso da Fachada Marítima: “O que vexo é que a Autoridade Portuaria quere sacar rendemento económico”

A Coruña Pública: a cartografía dos espazos públicos da cidade que busca financiamento

O “evento cidadán” da Comisión Coruña Marítima búrlase do significado de participación cidadá

ÚLTIMAS

Os Premios María Casares celebraron 30 anos do teatro como elemento “chave” na sociedade

Vestiuse de gala onte o Teatro Rosalía de Castro para a gran Festa do...

Rodrigo Cuevas e Nuno Pico debullaron como foi a súa colaboración na Fundación Luís Seoane

Divertido e interesantísimo o coloquio entre Rodrigo Cuevas e Nuno Pico, de Grande Amore,...

“Sirat” e “As liñas discontinuas” abriron a potente Semana do Cinema Galego

Grande acollida á primeira sesión da VII Semana do Cinema Galego. Había espectación na...

“Unha rúa para Lendoiro”

A figura de Lendoiro foi a escollida polo Xornal da Coruña para a saída...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here