InicioA CORUÑAA Coruña Pública: a cartografía dos espazos públicos da cidade que busca...

A Coruña Pública: a cartografía dos espazos públicos da cidade que busca financiamento

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

“A Coruña Pública” é un ambicioso proxecto de cartografía dos bens públicos existentes na nosa cidade, realizado polo grupo Ergosfera e por profesores dos departamentos de Xeografía da USC.

Un proxecto, elaborado xa na súa primeira fase, que ten como obxectivo realizar unha cartografía o máis precisa posíbel do patrimonio público no termo municipal coruñés, para o cal identifica todos os terreos e edificacións de titularidade pública e localiza aqueles bens patrimoniais que se achan actualmente en desuso.

Un xeito de poñer enriba da mesa os recursos, servizos e espazos, é dicir, o patrimonio público para que administracións e sociedade teñamos consciencia do que é de todos.

O proxecto necesita financiamento para desenvolver a súa segunda fase. De aí que este pasado xoves, no pleno de Nostián, o BNG presentase unha moción para buscar que o Concello apoie a iniciativa, tanto en financiamento, como na compartición de información e datos.

O edil de Urbanismo, Francisco Díaz, deixou claro que o PSOE ía votar a favor da moción, malia considerar que non é procedemento o levar esta iniciativa ao pleno. Indicou que non poderían asegurar aínda financiamento concreto para este proxecto, pero asegurou que facilitarán información, e que hai boa vontade para incluir este proxecto no visor municipal.

Lamentable a posición do PP que votou en contra da moción, falando máis tempo de orzamentos e a caducidade doutros contratos que da propia moción, e deixando claro que neste caso, o PP non considera apropiado axudar “un proxecto de investigación privado”, por estar entre o equipo de traballo xente que colaborou no seu día coa Marea.

Cómpre destacar, que o proxecto foi desenvolvido entre febreiro de 2024 e xaneiro de 2025 por profesionais do urbanismo Iago Carro Patiño (Ergosfera), Ramón Fernández Sánchez (Ergostera/Hábitat Social), Cristina Botana Iglesias (Departamento de Xeografía e Brais Estévez Vilariño (Departamento de Xeografía, USC), sendo financiado pola 2ª Convocatoria de Proxectos de Investigación do “Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común” (2024) organizada pola rede Artigo9Tech, Enxeñería Sen Fronteiras e Arquitectura Sen Fronteiras.

Podedes ver o proxecto nesta ligazón.

ÚLTIMAS

Dous voos con destino a Coruña desviados pola néboa

Un voo con destino A Coruña procedente de Madrid tivo que ser desviado a...

A Coruña anulará os acordos de 1962 que facilitaron o paso da Casa Cornide á familia Franco

O Concello da Coruña levará ao pleno da próxima semana a anulación de dous...

Inés Rey tras as protestas por Ceuta: “A solidariedade non é envolverse nunha bandeira”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, criticou este xoves a presenza do presidente da...

Prisión para un home acusado de tentar matar outro tras apuñalalo en Cambre

Un home ingresou en prisión como presunto autor dun delito de homicidio en grao...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here