InicioCULTURAAtlantic Drag! Outro evento pioneiro no Atlantic Pride 2026

Atlantic Drag! Outro evento pioneiro no Atlantic Pride 2026

Publicada o

Por Redacción

O festival Atlantic Pride da Coruña expande a súa influencia cunha nova proposta artística: O Atlantic Drag!  Con ela, o ‘Orgullo do Norte’ coruñés propón, a tarde-noite do luns 6 de xullo, unha divertida homenaxe ao talento drag local, á súa forza escénica e a toda a creatividade, a liberdade e a reivindicación humorística e festiva que a arte drag supón para a cidade.

As 13 raíñas do transformismo que encherán de orgullo o Atlantic Drag na Praza de Pontevedra serán: Agata Terrier, Ball Monte, Cloe Savage, Escarlatina Pier, Kara, Kelly Amethyst, Kit, Meri Krishna, Muna Duval, Nomi Bull, Rrrita, Xen e Yvhanne Klown, todas elas, recoñecidas caras de espazos de referencia da escena drag galega, como o Claro Boba! ou It’s Time for Drag.

Segundo apunta a organización do festival: “O Atlantic Drag! nace como a gran celebración do drag coruñés dentro de Atlantic Pride, unha proposta creada para recoñecer, visibilizar e poñer en valor o talento local que, desde hai anos, forma parte esencial da vida cultural, artística e nocturna da cidade. Máis ca un espectáculo, Atlantic Drag é unha homenaxe ás artistas que, a través da escena, da estética, da palabra, do humor, da música e da performance, converten o drag nunha poderosa expresión de liberdade, identidade e creatividade”.

 

Lembramos que o festival, organizado pola Asociación Orgullo Coruña –ORCO– e co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña desenvolverá a súa sétima edición do 5 ao 12 de xullo de 2026.
Poden consultar a programación na web do festival.

Máis novas

 

As bandas galegas Arde, Jonydasvie, Montedapena e Raze súmanse en xullo ao festival coruñés Atlantic Pride

O Atlantic Pride álzase co Premio nacional á Contribución á Igualdade nos prestixiosos Iberian Festival Awards

ÚLTIMAS

30 anos da Gala do CIFP Imaxe e Son para esixir un #teatronaeisxa

Así está dende hai dous anos o auditorio do CIFP Imaxe e Son de...

A CRMH convoca un acto reivindicativo en María Pita para “descolgar” os retratos franquistas da cidade

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) tiña intención de organizar...

Mostra de forza na Coruña no primeiro día de folga do metal

Potentes imaxes das manifestacións desenvoltas onte co gallo do primeiro día (dos tres convocados)...

A organización anarquista galega Xesta preséntase na Coruña

A organización anarquista Xesta convoca para o xoves 21 de maio un acto público...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here