InicioCULTURATalento, orgullo e emoción invadiron o Teatro Colón na V Gala da...

Talento, orgullo e emoción invadiron o Teatro Colón na V Gala da Cultura da Deputación

Publicada o

Por Redacción

O Teatro Colón acolleu esta pasada tarde de xoves 16 de abril a V Gala da Cultura da Deputación da Coruña. Unha cita que serve para amosar o talento e da diversidade da creación cultural galega da man dos 13 premios culturais que outorga a entidade. Pero que tamén reivindica o papel económico dun sector que representa ao redor do 3% do PIB galego e que xera máis de 35.000 postos de traballo.

A gala, centrada nesta edición na sorte como parte da identidade cultural galega e inspirada nos sanandresiños de Santo André de Teixido, estivo presentada pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, e contou coa actuación musical do dúo Caamaño&Ameixeiras.

Teatro Colon-gala_da_cultura_andreamorandeira_5 copia

Os sanandresiños de Santo André de Teixido foron os grandes protagonistas da proposta estética e escenográfica da gala, como símbolo da sorte e da tradición popular galega reinterpretada en clave contemporánea.

As persoas premiadas

GALA_DA_CULTURA-Foto de familia de ganadores

  • Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero: Mala Herba Producións (modalidade iniciativa) e Illa Bufarda (modalidade traxectoria).
  • Premio Luis Seoane de Deseño: D-Due.
  • Premio José Gil de Cinema en Galego: Ángela Andrada (guión de longametraxe de ficción en lingua galega), Borja Casal Fraga (guión de longametraxe documental en lingua galega) e Margarita Ledo Andión (traxectoria).
  • Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica: Regina Giménez.
  • Premio Luis Ksado de Creación Fotográfica: Juan de la Quintana.
  • Certame de Arte Isaac Díaz Pardo: Ana Gesto Beiroa.
  • Premio Torrente Ballester de Narrativa: Estro Montaña (modalidade lingua galega) e Pablo Escudero Abenza (modalidade lingua castelá).
  • Premio Castelao de Banda Deseñada: Manuel Barreiro e Elías Taño (modalidade xeral) e Giovanna Lopalco (modalidade infantil e xuvenil).
  • Premio Manuel Murguía de Ensaio: Xosé Manoel Núñez Seixas.
  • Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil: Antía Yáñez Rodríguez.
  • Concurso Quero Cantar: Gael Ares (categoría infantil) e Emma Pérez e Candela Caamaño (categoría xuvenil).
  • Premio Internacional Andrés Gaos de Composición Musical: Aitor Vázquez Torres (modalidades orquestra e ensemble)
  • Concurso Fran Pérez ‘Narf’ para grupos e artistas musicais: Belém Tajes.

ÚLTIMAS

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

Encarna Rodríguez Barca, nova subdelegada do Goberno na Coruña

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este mércores coa nova subdelegada...

Hoxe arrinca a primeira semana chea de música, teatro, humor e artes visuais do Festigual

Arrinca hoxe en varias localizacións da cidade, a primeira semana do FESTIGUAL - Festival...

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here