InicioARTEIXOArteixo convertiuse no epicentro da música tradicional no XXVI Concurso de Xiradela

Arteixo convertiuse no epicentro da música tradicional no XXVI Concurso de Xiradela

Publicada o

Por Redacción

O auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo acolleu este domingo o XXVI Concurso de Música Tradición de Xiradela no que tomaron parte preto de 40 grupos chegados de 20 agrupacións de diferentes lugares de Galicia.

Preto de 300 pandeireteiros e pandeireteiras pasaron polo escenario cantando coplas de lugares como Limiñoa, Montemaior, Piornedo, Avión ou Anxeriz. A música popular galega foi protagonista dunha xornada que tivo quenda de mañá e tarde. Soaron instrumentos de percusión como pandeiretas, pandeiros, pandeiras, pratos, cunchas, trepias, botellas e latas.

Así, ao longo deste domingo unhas 1.000 persoas foron pasando polo auditorio arteixán cunha gran rotación de público. Nesta cita do ano 2026 participan agrupacións chegadas de lugares como A Coruña, Ames, Boimorto, Carballo, Coirós, Compostela, Lugo, Ponteareas, Ponteceso, Rianxo, Sada, Sanxenxo, Teo, Trazo ou Vigo, entre outros.

Os premios foron para:

CATEGORÍA A

  • 1º premio: trofeo e 300 € – Teceláns da A.C.F. O Fiadeiro de Vigo
  • 2º premio: trofeo e 200 € – Ardora A.C. Xacarandaina da Coruña
  • 3º premio: trofeo e 100 € – Grupo E da A.F. Cantigas e Agarimos de Compostela
  • Premio ao mellor vestiario: trofeo – Picariñas da A. M. B. T. Vai de Roda

CATEGORÍA B

  • 1º premio: trofeo e 300 € – Xoaniñas da A.C. Xacarandaina da Coruña
  • 2º premio: trofeo e 200 € – Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas de Vigo
  • 3º premio: trofeo e 100 € – Moreniñas da A.M.B.T. Vai de Roda de de Rianxo
  • Premio ao mellor vestiario: trofeo – Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas de Vigo
Todos os grupos A e B
Todos os grupos A e B

CATEGORÍA C

  • 1º premio: trofeo e 400 € – Laretas da A.C.F. Tarambainas
  • 2º premio: trofeo e 200 € – Areíñas da A.C. Soalleira
  • 3º premio: trofeo e 100 € – Falangueiras da A.C.F. O Fiadeiro
  • Premio ao mellor vestiario: trofeo – Laretas da A.C.F. Tarambainas

CATEGORÍA D

  • 1º premio: trofeo e 500 € – Tarambainas da A.C.F. Tarambainas
  • 2º premio: trofeo e 300 € – Grupo A da A.C. Retranqueiros
  • 3º premio: trofeo e 200 € – Garuleiros da A.C. Donaire
  • Premio ao mellor vestiario: trofeo – Argalleiros de Xacarandaina
Os dous grupos de  Tarambainas, gañadoras das Categorías C e D da
Os dous grupos de Tarambainas, gañadoras das Categorías C e D da

Ana García (Agrupación Cantigas e Agarimos ou Brincadeira), Violeta Piñeiro (mestra de canto e pandeireta e socia-fundadora das pandeireteiras Lina e Lola, e parte da Asociación Cultural Lembranzas da Ría e de Cantigas e Agarimos) e Ricardo Graíño (bergantiñán dos Pandeireteiros do Alprende , e do grupo Fouleada de Mazaricos) foron o xurado

 

XIRADELA

A Asociación Xuvenil Xiradela, radicada no concello de Arteixo, nace no ano 1982 co obxectivo de recuperar o noso folclore e gozar do tempo de lecer, así como de colaborar con outras asociacións ou entidades que lle permiten, por un lado difundir o seu traballo, e por outro, axudan a promover a socialización da rapazada con xente doutras asociacións.

 

ÚLTIMAS

Urbano Lugrís: surrealismo atlántico cargado de identidade

Urbano Lugrís González (A Coruña, 1908) foi un artista fundamental para entendermos a evolución...

Esperan que o informe que impide construír unha parcela da Maestranza se extenda ás outras dúas que afectan á muralla

Seguen as 3 parcelas que foron propiedade do Ministerio de Defensa da Maestranza, pendentes...

A Subdelegación do Goberno na Coruña defende o dispositivo de seguridade en Riazor

A Subdelegación do Goberno na Coruña defendeu o dispositivo policial activado este domingo con...

O Viñetas desde o Atlántico 2026 tamén pensa en clave eclipse

Ata o cartel da 29ª edición do Salón do Cómic Viñetas do Atlántico únese...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here