InicioA CORUÑACaamaño&Ameixeiras únense a Xoel no San Xoán que abre o Noites do...

Caamaño&Ameixeiras únense a Xoel no San Xoán que abre o Noites do Porto

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa collendo forma o programa especial para a Noite de San Xoán no escenario do peirao de Batería que vai abrir esta edición do Noites do Porto. Tras revelar o esperado regreso de Xoel López á súa cidade natal, Caamaño & Ameixeiras incorporáronse ao cartel do 23 de xuño.

A presenza de Caamaño & Ameixeiras no escenario principal e buque insignia das Noites do Porto, armados con violín, acordeón e voz, promete ser unha das citas imprescindibles do festival, dando un claro paso de achegamento á música en galego.

Formado en 2018 por Sabela Caamaño (Oza dos Ríos, acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (Baio, violín e voz), o dúo destaca pola súa linguaxe musical, que mantén a esencia da música folk á vez que incorpora elementos contemporáneos. Tras o éxito do seu álbum de estrea, Aire!, que gañou, entre outros recoñecementos, o Premio Martín Códax da Música, o dúo deu un paso máis na súa evolución artística co seu segundo traballo, Quitar o aire. Producido pola recoñecida Hevi (Malandrómeda) no Laboratorio Soyuz, neste álbum Caamaño & Ameixeiras reinterpreta os códigos da música folk tradicional.

Con esta nova incorporación, Noites do Porto reafirma o seu compromiso de priorizar o talento, a emoción e unha conexión xenuína coa cidade, reunindo dous dos proxectos máis interesantes e aclamados da escena actual.

NOITES DO PORTO 2026: PRIMEIRAS CONFIRMACIÓNS
  • 22.06.26, Jazz Filloa | Lela Soto
  • 23.06.26, Muelle de Batería | Xoel, Caamañi&Ameixeiras e…
  • 25.06.26, Garufa Club | La Tania
  • 26.06.26, Muelle de Batería | Barry B
  • 28.06.26, Mardi Gras | ELLiS·D
  • 30.06.26, Inn Club | Curtis Harding 
  • 02.07.26, Teatro Colón | María José Llergo
  • 05.07.26, Garufa Club | Nadadora

Curtis Harding actuará en Noites do Porto na súa única cita en Galicia este verán

Así foi o ano pasado

Asi foi en 2024

Así foi en 2023

 

ÚLTIMAS

“Hoxe paramos”. A Gran Corrente manda parar de “ensuciar” polo Día Mundial dos Océanos

Hoxe, 8 de xuño, é o Dia Internacional dos Océanos. E a cidade está...

Os colectivos culturais da Coruña berran e crean polo acceso á beleza lugrisá

Este domingo, algo máis de 200 persoas dunha marea de entidades culturais que se...

A Xunta propón crear unha Área de Prestación Conxunta de taxi na Coruña e na súa comarca

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, abordou con representantes dos concellos da Coruña,...

Un dos acusados polo apuñalamento mortal a Yoel Quispe buscou información sobre a condena ao matar a unha persoa

Un dos acusados polo apuñalamento mortal a Yoel Quispe, na Noiteboa de 2023 na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here