InicioCULTURADiana Varela Puñal volve á poesía coa edición facsimilar de “Serea e...

Diana Varela Puñal volve á poesía coa edición facsimilar de “Serea e Ulises”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Levaba 15 anos sen escribir poesía. I é que poñer a andar unha firma “indie” como a Editorial Medulia non é doado, e dende o seu nacemento puxo case todos os esforzos en darlle vida ás creacións doutros autores. Polo camiño leva publicado algo de narrativa xuvenil, pero dende que o seu último traballo poético, “Non, amor” [Ed. Medulia, 2012], non percorría os sendeiros do verso, do verso salgado.

Porque como boa cormelá, Diana Varela Puñal sente máis seu o verso, e o mar, e este “Serea e Ulises” [Ed. Medulia] marida estas dúas artes co amor.  “É un libro moi especial para min”, recoñece mentres nos conta no Chaflán (ese reducto cormelán, orgullo da cidade) a choreira na estivo inmersa os primeiros días nos que o libro saíu do prelo.

Porque de tanto coñecer as tripas do negocio, agora lanza unha edición de coleccionsta. “Sereas e Ulises” chega nunha edición facsimilar dun conxunto de poemas que trata o mito da historia de amor entre Parténope e Ulises, pero desde o punto de vista da serea.

Nun intre no que as novas tecnoloxías acaparan case todos os aspectos da vida, este libro publícase reproducindo a letra da autora, tal e como os poemas foron escritos orixinalmente. Faino cunha intención clara de posicionamento claro do lado máis humanista da realidade, apostando por unha creación o máis artesana posible. Un traballo que levou un proceso de maquetación e impresión, en papel de acuarela moi escollido, complicada. “A a caligrafía é como unha pegada dactilar”, relata defendendo o valor da súa coidada escritura.

Un traballo de introspección, case terapéutico, tras percorrer nunha viaxe lugares emblemáticos do mito, como Taormina ou Isola Vela, a illa onde a mitoloxía grega sitúa a Parthenope, a serea de quen Ulises, o rei de Ítaca, namorou tras escoitar o seu canto.

Moi pronto coñeceremos a primeira data de presentación, nalgún punto da cidade herculina.

ÚLTIMAS

“Veume a pegar, enfadeime e metinlla”, di o autor do apuñalamento mortal a Yoel Quispe

O autor confeso do apuñalamento mortal a Yoel Quispe —os feitos ocorreron na madrugada...

Feren e insultan unha xornalista na folga do metal

Unha xornalista do medio dixital Quincemil resultou ferida ao recibir o impacto dun petardo...

Condenado a máis de tres anos de cárcere o loteiro que se apropiou dunha primitiva millonaria

A Audiencia Provincial da Coruña condenou ao loteiro coruñés Manuel Reija a 3 anos...

En marcha as obras da nova pista multideporte de Monte Alto

Foi aprobada nos Orzamentos Participativos de 2023, trala solicitude das catro ANPAs do barrio....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here