Viviu un domingo moi especial a cidade da Coruña co ascenso do Dépor a 1ª División. 8 anos despois, e tras unha travesía pola terceira categoría do fútbol estatal, o Dépor volve ao lugar que lle pertence, e faino ademais espoleado por unha mocidade rabiosa, desexosa de volver competir cos mellores e de vivir as historias que lle contan os seus pais e que leva afianzando que a cidade siga mantendo o corazón branquiazul.
Fíxoo arroupado por unha cidade entregada, que leva dúas semanas vestida de branquiazul. As rúas destilaban alegría, e ata os máis cenizos estaba convencidos de que esta vez tiña que ser. Estaba escrito. Estaba todo de cara.
Un estoupido viviu a cidade cos dous goles de Nsongo Bill, ese rapaz senegalego que hai uns meses estaba polos campos de 2ª RFEF, e que queda para a historia do deportivismo como os Stoja, Alfredo Santaelena ou Donato, heroes das outroras xestas deportivistas.
A Fan Zone (onde a Liga impediu instalar unha pantalla xigante) volveu dividir a celebración e a fonte de Catro Camiños non viviu as estampas doutros anos, mentres a zona de Riazor estaba ateigada. Aguantou a afección e milleiros de afeccionaron esperaron ata as 4:00h da madrugada para recibir na fanzone aos heroes do ascenso cunha festa por todo o alto.


O noso analista branquiazul Miguel Barreiro goza xa deste “ascenso tan fantástico! Sen ser o mellor equipo, sen ter os nosos mellores xogadores dispoñibles na segunda metade da tempada, sen dianteiros… Convertémonos na forza máis dominante da liga. Moi fiables ata o final. Sen sentir que tiñamos o control, pero coa sensación de loitar ata o último minuto. Maldito sexa o Deportivo”.
Barreiro pon en valor que o equipo estivo moitos meses “sen Yeremay por pubalxia e sen Mella por un xeonllo. Zaka e Mula non foron un punto focal na dianteira. Nin Arnau nin Barcia foron os centrais que esperabamos, nin Gragera, nin Cristian Herrera… Ao final, Stoichkov acabou sendo o primeiro e máis fiable suplente. Noé gañou protagonismo. Un once inicial forte e catro cambios. Quince rapaces conseguiron o ascenso”.
E espera que ” que acertemos co plan do ano que vén. Merecémolo. Manterse na Liga foi moi barato nos últimos anos”.
En paralelo, o Leyma conseguia a súa terceira vitoria en Menorca e se clasifica para a Final Four que se celebrará os vindeiros 6 e 7 de xuño na nosa cidade. A Coruña seguede festa.
Máis novas
O colectivo #Aquítaménsefala estoupa contra a indiferenza do Real Club Deportivo

