InicioA CORUÑA"Hai un drástico descenso" nas axudas da deputación, denuncian as confrarías da...

“Hai un drástico descenso” nas axudas da deputación, denuncian as confrarías da Coruña

Publicada o

Por europapress

As confrarías de pescadores da provincia da Coruña denuncian “un descenso drástico” nas axudas que lles concede a Deputación este ano. Nun comunicado, a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña alerta do “grave impacto” da aplicación do Regulamento da UE 717/2014 nas subvencións da Deputación, polo que esixen unha solución urxente.

Tras unha reunión extraordinaria o pasado venres para abordar a situación, os pósitos coruñeses amosan o seu “malestar” por esta decisión do ente provincial de establecer “un réxime especial de minimis cun límite máximo de 40.000 euros a repartir nun período de tres anos”. Lamentan que deixa contías “moi por debaixo das necesidades reais das entidades”, “en clara ruptura coa práctica habitual dos últimos anos”.

Lembran que estas axudas “son esenciais para garantir a continuidade das confrarías, xa que se destinan maioritariamente ao mantemento do persoal administrativo e técnico”, polo que se queixan de que “nunca antes foran incluídas neste marco restrictivo”. “A redución das contías pode provocar que moitas confrarías non poidan facer fronte aos seus gastos estruturais, situaciónas nun risco real de paralización ou peche”, advirten. Por todo iso, a Federación Provincial de Confrarías da Coruña solicita unha reunión co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, aínda que agradece a súa “boa disposición” para “buscar unha solución”.

ÚLTIMAS

(Vídeo) Un gran incendio en Visma cobre de negro o ceo de Arteixo

A parroquia de Visma, na Coruña, rexistra na tarde deste domingoe un gran incendio...

Unha nova limpeza no Orzán eliminou 105 kg do noso mar

A praia do Orzán acolleu este sábado outra xornada de limpeza ambiental que resultou...

Con permiso de la autoridad eclesiástica, premio á mellor cutrometraxe no Intersección da Coruña

Intersección, o Festival Internacional de Cine da Coruña, deu a coñecer o palmarés da...