O tres sindicatos con presenza na mesa do convenio colectivo provincial do metal da Coruña –CIG, UXT e CCOO– destacaron un “cambio de actitude” por parte da patronal tras o “éxito” do das xornadas de folga celebradas nas dúas últimas semanas.
Así, nun comunicado, os sindicatos sinalan que, por primeira vez, a patronal acudiu á reunión deste xoves, 28 de maio, para falar de puntos concretos do convenio colectivo.
Conforme indican, tras varias horas de reunión, a parte empresarial trasladou propostas que os sindicatos, á espera dunha valoración máis detallada, cualifican como “insuficientes” e “moi afastadas das demandas das persoas”, pero que representan un “xiro” respecto da súa actitude de “bloqueo” das últimas semanas.
A patronal, conforme apuntan a organización sindicais, mantivo sorbe a mesa cuestiones como a vixencia do convenio a cinco anos ou incrementos salariais que consideran que “se afastan das reivindicacións sindicais”, pero ábrese a falar da redución de xornada, do aumento dun día de vacacións, de regular os contratos fixos-descontinuos, ampliar a novos sectores a subrogación e o compromiso de estudar medidas que eviten o abuso das empresas de traballo temporal.
Para as centrais sindicais, este movemento, que consideran que “segue sendo insuficiente, é consecuencia directa da presión e a forza demostrada polas traballadoras e traballadores do metal que secundaron masivamente o tres xornadas de folga”.
“A mobilización foi a que trouxo á patronal á mesa”, aseveran para sinalar que outro cambio de actitude é que, por primeira vez, a parte empresarial acepta a petición dos sindicatos de manter dúas reunións semanais para axilizar as negociacións, demanda á que se opuñan ata o momento.
Así, sinalan que as próximas sesións da mesa negociadora celebraranse os días 2 e 4 de xuño.
Os sindicatos fan un chamamento a todas as persoas traballadoras do sector para facer manter a tensión movilizadora e, de non producirse avances significativos nas seguintes reunións que permitan pechar un acordo xusto, converter as xornadas de folga convocadas para os días 9, 10 e 11 de xuño noutro “éxito de seguimento e participación”.
Tensión no metal coruñés: os traballadores irán á folga o martes 19 tras o “esperpento” da patronal

