InicioA CORUÑAA Xunta de Goberno aproba novas actuacións en barrios e autoriza un...

A Xunta de Goberno aproba novas actuacións en barrios e autoriza un novo edificio en Visma

Publicada o

Por europapress

A Xunta de Goberno local da Coruña aprobou novas actuacións en barrios, ademais de autorizar a construción de novas vivendas no polígono de Visma, segundo informou o portavoz do goberno local, José Manuel Lage.

“Esperamos que as primeiras vivendas estean dispoñibles no primeiro trimestre de 2028”, aseverou nunha rolda de prensa na que sinalou que a espectativa é que o polígono se atope “na súa plenitude” en 2030.

Neste caso, a autorización é para o segundo edificio dunha urbanización que prevé a construción de 3.600 vivendas. Neste caso trátase dun edificio de Metrovacesa, con 100 vivendas con prezos que oscilan entre os 294.000€ (un primeiro de 2 habitacións) ata os 608.000€.

O obxectivo do consistorio, precisou, é que se constrúan “como mínimo” na cidade “11.000 vivendas novas”.

Xunta de Goberno do Concello da Coruña.. CONCELLO A Coruña
Xunta de Goberno do Concello da Coruña.. CONCELLO A Coruña

Obras nos barrios: Palavea, Lonzas, Castrillón e o Ensanche

Así o expuxo tras unha Xunta de Goberno local na que, indicou, deuse “un paso máis” no Plan de Barrios 2025-2027 con actuacións en Palavea, entre elas a licitación da biblioteca municipal e a aula informática. A iso, súmanse outras iniciativas como a renovación da iluminación en zonas da cidade.

Neste sentido, notificou que se aprobaron investimentos “por valor de 2,1 millóns para executar en Palavea, Lonzas, O Castrillón e Ensanche”:

  • Deuse luz verde á saída a concurso das obras de construción da nova pista multideporte que se habilitará no parque Pierre de Coubertin, en Lonzas.
  • Hoxe sairán a contratación as obras para mellorar a accesibilidade na travesía do Montiño, na parte baixa do Castrillón. A travesía está conectada coa rúa da Merced a través dunhas escaleiras, que permiten salvar a pé o desnivel existente, mais a día de hoxe acceder en cadeira de rodas ou cun carriño de bebé esixe dar un rodeo. O investimento previsto é de 333.000 euros. Cando se adxudique o contrato, o prazo de execución dos traballos será de oito meses.
  • Renovación integral da iluminación na praza de Pontevedra, con 450.000€ de investimento.
  • Aprobáronse 440.000€ para contratación das escavacións arqueolóxicas previstas na planta baixa da Casa da Sinagoga, na Cidade Vella.

Concurso das ESCOLAS INFANTÍS

Lage destacou, ademais, a aprobación da saída a concurso da xestión das escolas infantís municipais, cun investimento de máis de 3,5 millóns de euros no próximo curso.

Así mesmo, validouse o contrato do servizo de comidas a domicilio, “cun investimento de 1,4 millóns de euros ata o ano 2028” e con “case medio milleiro de coruñesas e coruñesas subscritos a este programa municipal”.

Máis novas

Piden transparencia ante o importante achádego arqueolóxico das obras da urbanización de Visma

O “delirio urbanístico” de Visma

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

ÚLTIMAS

Unha nova limpeza no Orzán eliminou 105 kg do noso mar

A praia do Orzán acolleu este sábado outra xornada de limpeza ambiental que resultou...

Con permiso de la autoridad eclesiástica, premio á mellor cutrometraxe no Intersección da Coruña

Intersección, o Festival Internacional de Cine da Coruña, deu a coñecer o palmarés da...

O cirurxián Diego González Rivas, protagonista do cuarto podcast de Rueda

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha conversa co cirurxián coruñés Diego González...

Tres coches calcinados esta noite na Coruña, sen persoas feridas

Tres vehículos que estaban estacionados arderon na madrugada deste domingo na Coruña. Non houbo...