InicioBARRIOSO “delirio urbanístico” de Visma

O “delirio urbanístico” de Visma

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Segue avanzando a mega urbanización que se vai desenvolver na agra de San Pedro de Visma, e que vai dar sombra a todo o seu barrio.

Unha urbanización, coñecida por “Mordor” por parte da veciñanza da zona, que simboliza o urbanismo de hai 25 anos (é practicamente o mesmo proxecto que o presentado no ano 98, a pesar de que a promotora e o Concello intenten paliar o impacto con publicacións como “rebaixan dúas alturas das torres máis altas de Visma”), pero que vén de recuperar o goberno socialista.

Son moitos os especialistas que consideran o proxecto “un delirio urbanístico”, amparado no argumento da “seguridade xurídica”, facendo referencia ao momento no que, en 2013, o goberno municipal liderado polo PP cambiou o Plan Xeral pero mantivo a zona como solo urbanizable cos estándares dos anos 90.

Pero a realidade é que a urbanización “non vai solucionar os problemas de vivenda, aínda que sexa o mantra oficial. Non hai relación en construir máis e baixada de prezos, como comprobamos no 2008”.
Lembran que vai pasar o mesmo coas Percebeiras, outro proxecto “doutra época” concebido nunha época onde os territorios vacios deben ser formulados como pasto da especulación, sen un estudo previo sobre as necesidades da contorna, máis alá dun sucedáneo de proceso participativo realizado pola propia promotora.

O proxecto de Visma provocará, por exemplo, a eliminación das hortas urbanas, ”unha necesidade, xa non só en clave de pulmón verde, senón como medida de prevención de saúde mental”, sinalan dende a Asociación veciñal. Unhas hortas que xa teñen continuidade no Parque de Alfonso Suárez, onde parece que foron construídas xa contando coa eliminación das existentes diante da agra do Ágora.

O que si vai sufrir as consecuencias desta marea de cemento vai ser o CEIP San Pedro de Visma, unha illa verde no medio da cidade que vai acabar á sombra do formigón da nova urbanización.

Máis novas

A “imparable” marea de cemento que invadirá á illa verde do CEIP San Pedro de Visma

 

O goberno coruñés ratifica a súa nova política urbanística aprobando as 3.600 novas vivendas de Visma

 

A sombra de 30 edificios ameaza San Pedro de Visma

 

ÚLTIMAS

Inés Rey asegura que a cidade non periga “en absoluto” como sede do Mundial 2030

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asegurou que a cidade herculina non periga "en absoluto"...

Un habilidoso ladrón consegue realizar 24 furtos de carteiras e tarxetas de crédito, estafando máis de 4.000 euros

A Policía Nacional detivo ao autor de 24 delitos de furto e estafa cometidos na Coruña. Segundo...

O Goberno acusa á Xunta de “tentar ocultar” financiamento estatal nas vivendas do barrio de Xuxán

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, acusou á Xunta de "tentar ocultar" financiamento estatal en...

A alcaldesa da Coruña pide incorporar aos rexedores á xestión de emerxencias tras visitar aos afectados da DINA

A alcaldesa da Coruña e vicepresidenta primeira da Federación Española de Municipios e Provincias...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here