InicioA CORUÑAO Festival Mar de Mares enche de natureza a fin de semana

O Festival Mar de Mares enche de natureza a fin de semana

Publicada o

Por Redacción

Xa está en marcha o fermoso Festival Mar de Mares. Nesta XIII edición, o festival conta con máis de 40 actividades, dirixidas a todos os públicos. Entre elas a exposición fotográfica “O mar que nos habita”, do fotógrafo Xurxo Lobato, que acolleu a inauguración oficial, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, da man do Concello e a Deputación da Coruña.

Un festival que en si mesmo nace para reivindicar a necesidade de protexer os ecosistemas mariños e de entender o océano como parte esencial da identidade, da economía, da cultura e da vida do noso país. Para iso, prepara un programa completo ata o 18 de xuño de exposicións, encontro con escritoras, propostas en centros como os museos científicos ou a sede de Afundación, iniciativas vinculadas ao turismo azul ou ao avistamento de aves, así como a visita á lonxa ou “ioga mares” dentro das lúdicas e deportivas.

O festival, organizado pola Asociación Redes de Sal, tamén o IV Foro Mar de Mares para “dar voz aos profesionais que traballan por e para o mar” con catro mesas dedicadas a cuestións como a acuicultura ou a pesca sustentable.

Dun mercado a unha limpeza

A exposición forma parte dunha ampla programación que inclúe actividades como o Mercado Mar de Mares no Parrote (estará vivo esta fin de semana con numerosas cousas), propostas de divulgación científica, visitas vinculadas ao patrimonio portuario, encontros arredor da cultura oceánica, actividades de turismo azul e accións ambientais como a VII Gran Limpeza de Fondos Marinos, repetindo experiencias necesarias de anos pasados.

A programación complétase con cursos e xornadas formativas, actividades divulgativas, roteiros interpretativos e proxectos sobre o terreo, como a Ruta das Árbores Monumentais no Pazo de Mariñán, as Xornadas Micolóxicas, exposicións itinerantes como “Golfiños na proa” ou iniciativas vinculadas á instalación de caixas refuxio para aves e morcegos.

Máis novas

“O mar como xerador de cultura, de costumes e tradicións”, esencia do Festival Mar de Mares 2026

O voluntariado do Festival Mar de Mares téndelle a man ao mar

3 toneladas de lixo extraídas do mar da Coruña no marco do Festival Mar de Mares

ÚLTIMAS

Xunta e Concello da Coruña pechan os itinerarios dos autobuses para a futura estación intermodal

A Xunta de Galicia e o Concello da Coruña avanzan na reorganización dos servizos...

Inés Rey reclama á Xunta un plan integral para rehabilitar os colexios públicos da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reclamou este martes á Xunta de Galicia a...

Transportes cortará o acceso á AC-11 desde a rúa Lamelas polas obras de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable iniciará este mércores unha nova fase das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here