InicioCULTURAA Mariña acolle Coruña acolle o exposición da 10ª edición do Museo...

A Mariña acolle Coruña acolle o exposición da 10ª edición do Museo Lar da Costa da Morte

Publicada o

Por Redacción

​A Dársena da Mariña da Coruña acolle durante os meses de xuño e xullo a exposición da 10ª edición do Museo Lar, un proxecto cultural e educativo que converte Galicia nun museo ao aire libre a través da arte e da cerámica.

Baixo o título “Morriña”, esta ​ú​ltima colección rende homenaxe ás mulleres no tempo da emigración, poñendo en valor o papel fundamental que desempeñaron durante os séculos XIX e XX mentres familiares e seres queridos abandonaban Galicia en busca de novas oportunidades.

A exposición está formada por murais creados por centros educativos participantes, que participan nun certame bianual transversal, no que se mergullan durante dous semestres na investigación, no traballo en equipo e na destreza manual e artística. A través da súa visión artística reflexionan sobre os oficios, o esforzo, o sacrificio e a fortaleza das mulleres galegas que contribuíron ao desenvolvemento da sociedade e ao sostemento dos fogares durante unha das etapas máis importantes da historia de Galicia.

Tal e como recolle a propia exposición: “Morriña, homenaxe ás mulleres no tempo da emigración. A coraxe destas mulleres contribuíu ao desenvolvemento da sociedade galega”.

Murais de Azulexo de Lar A Coruña 3

Ademais de expoñerse en varios puntos estratéxicos da Costa da Morte, como o Cabo Fisterra, o paseo marítimo de Corcubión ou Cee, a exposición tamén percorre outros puntos de Galicia, como Sanxenxo ou o Grove. Neste caso, a elección da Coruña como escenario desta mostra ten tamén un importante valor simbólico. Desde o seu porto partiron durante décadas miles de galegos cara a diferentes destinos do mundo. Hoxe, estes murais regresan á cidade para recordar a historia das persoas que quedaron, das familias que mantiveron viva Galicia e das mulleres que asumiron responsabilidades fundamentais nun contexto especialmente complexo.

O Museo Lar leva anos promovendo a participación dos centros educativos e a divulgación da historia, da cultura e da identidade galega a través de exposicións itinerantes que percorren diferentes localidades da comunidade.
A mostra poderá visitarse libremente na Dársena da Marina da Coruña durante os meses de xuño e xullo.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here