InicioDEPORTESAitor Fornos celebra o seu triunfo en EscapeMotor

Aitor Fornos celebra o seu triunfo en EscapeMotor

Publicada o

Por Xurxo Varela

Este pasado xoves,  o programa sobre os deportes motor SKPMotor da Cuac FM tivo un par de invitados estelares. Nos estudios principais da Zapateira estivo o piloto Aitor Fornos, gañador do Slalom de Sarria, a segunda carreira do Campionato Galego celebrada o pasado sábado 13 de xuño. Fornos é un piloto habitual da competición e superou a Anxo Lariño por só dúas décimas de segundo; Pablo Castro acabou en terceiro lugar.
Aitor e Pablo comparten o mesmo coche, un Citroën AX branco. Aitor é un apaixonado dos deportes de motor. Participou en rallies co seu Peugeot 206 e hai un par de anos comprou un Seat Panda para ir a Marrocos e “sufrir” no Raid de Chatarras.

Tamén pasou polo programa Luís Carré, que reside actualmente en Barcelona. Luis traballa como comisario voluntario no Circuíto de Fórmula 1 de Barcelona e a fin de semana pasada pasou o seu tempo como “Bombeiro” no pit lane durante a carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1, que, por certo, gañou o piloto inglés Hamilton co Ferrari.
Luis contou en que consiste o seu traballo durante unha fin de semana de carreiras, xa sexa de Fórmula 1 ou de MotoGP.

Ademais, a tortilla foi cortesía do Restaurante O Carrusco na rúa Corcubión – A Coruña.

Podes escoitar o programa cada xoves ás 23:00h no 103.4FM, ou tamén escoitar o programa ou acceder a todos os seus programas no seu espazo en www.cuacfm.org. E tamén podedes seguir tamén a través das redes sociais en Facebook e Instagram @escapemotor.cuac. Podedes velos tamén xa a través do Youtube:

SKPMotor: 400 programas achegando a realidade do motor galego ás ondas de CUACFM

ÚLTIMAS

Os coidados, de novo á palestra no VIII Encontro de Mulleres Coidadoras

A Fundación Mujeres organizou onte o VIII Encontro de Mulleres Coidadoras na Biblioteca Pública...

Doce persoas detidas e unha rede de narcotráfico desmantelada en Galicia

Nova operación contra o narcotráfico en Galicia. Membros do Equipo de Delincuencia Organizada e...

En marcha as obras de mellora da accesibilidade no Castro de Elviña

O Concello comezou as obras do proxecto de acondicionamento e mellora da accesibilidade no...

Uxía, Guadi Galego, A Banda da Loba, Corina Alfonso e Leti da Taberna abriron o telón do Festigual

O Teatro Rosalía de Castro acolleu esta passada noite de mércores a gala ‘Mulleres...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here