InicioCULTURAArrincou a sétima edición do orgulloso Atlantic Pride

Arrincou a sétima edición do orgulloso Atlantic Pride

Publicada o

Por Redacción

Xa está en marcha o festival Atlantic Pride. O ‘Orgullo do Norte’ abríu este domingo, e ata o vindeiro domingo 12 encherá de rabiosa e reivindicativa cultura a orgullosa cidade herculina.

A sétima edición do Atlantic Pride, impulsado pola Asociación Orgullo Coruña (ORCO), desquitouse o telón na Prza de Pontevedra, con varias propostas que reúnen novo talento queer galego, aires de O.T. e provocación drag para inaugurar por todo o alto o festival, da man de Kika Lorace, raze, Jorge González e DJ Licho.

Kika Lorace no Atlantic Fest Coruna 2026-Foto-Raúl Lorenzo
Quedou pequena a Praza de Pontevedra-Foto-Raúl Lorenzo

A encargada de abrir a noite foi a cantante, DJ e drag queen Kika Lorace, unha das grandes referentes da escena LGTBIQ+ estatal grazas ao seu estilo irreverente, festivo e reivindicativo. Converteu temas como Chueca es genial ou La reina del Grindr en auténticos himnos da cultura queer e participou en televisión e ficción, incluíndo Drag Race España e La que se avecina. En 2025 celebrou os seus quince anos de carreira co lanzamento do álbum Todo perfecto, que agora presentará en directo ante o público do Atlantic Pride.

Kika Lorace no Atlantic Pride-Foto-Raúl Lorenzo
Kika Lorace no Atlantic Pride-Foto-Raúl Lorenzo

Tamén actuaron a queer viguesa raze, ou estrela televisiva Jorge González, antes de que DJ Licho pechase a noite poñendo a bailar toda a praza os temazos de pop e dance dos 2000, rollo Spice Girls, Britney Spears, Madonna ou Katy Perry.

Axenda do luns

Este luns, 6 de xullo, o Atlantic Pride festexa a súa segunda xornada de directos na Praza de Pontevedra da cidade herculina a partir das 20.00 horas cunha proposta moi especial e festiva: o Atlantic Drag! Con esta nova iniciativa, o ‘Orgullo do Norte’ coruñés propón unha divertida homenaxe ao talento drag local, á súa forza escénica e a toda a creatividade, a liberdade e a reivindicación humorística e festiva que a arte drag supón para a cidade.

As raíñas do transformismo que encherán de orgullo o Atlantic Drag na Praza de Pontevedra serán Agata Terrier, Baal Monte, Cloe Savage, Escarlatina Pier, Kara, Kelly Amethyst, Meri Krishna, Nomi Bull, Rrrita, Venus Electra e Xen, todas elas, recoñecidas caras de espazos de referencia da escena drag galega, como o Claro Boba! ou It’s Time for Drag.

Xa ás 22.00 horas, chegarelle a súa quenda ao sorprendente pop urbano e actual do galego Jonydasvie, mentres que DJ Cés estará ao cargo dos pratos para animar a clausura da noite.

Azúcar Moreno, Soraya e María Isabel encabezan as novas confirmacións do Atlantic Pride 2026

Atlantic Drag! Outro evento pioneiro no Atlantic Pride 2026

O Atlantic Pride álzase co Premio nacional á Contribución á Igualdade nos prestixiosos Iberian Festival Awards

ÚLTIMAS

A Coruña recibe o selo ‘Más Bici’ polo seu avance na mobilidade sostible

A Coruña vén de obter o selo 'Más Bici', un distintivo concedido por La...

A Xunta achega 55.000 unidades de ameixa babosa para reforzar os bancos marisqueiros da ría do Burgo

A Consellería do Mar continúa coas actuacións de apoio á recuperación dos bancos marisqueiros...

A CRMH leva ao Concello da Coruña ante a Fiscalía de Memoria Democrática

O Consello de Memoria Democrática (CMD) do Concello da Coruña do pasado mes de...

Carlos Callón, CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G recibiron os Premios Rosalía de Castro de Lingua da Deputación

Continúa a Deputación facendo entrega da súa lista de premios ás mellores iniciativas da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here