A nai ucraína con catro fillos, á que a semana pasada aprazaron un desafiuzamento na Coruña, finalmente terá unha vivenda despois de que o Concello herculino entregoulle este martes as chaves dun piso municipal destinado a situacións de emerxencia habitacional.
Así, confirmouno o avogado da afectada, Antonio Vázquez, en declaracións a Europa Press. “É unha vivenda correcta, de emerxencia social, compartida con outra familia”, explicou.
A este respecto engadiu que “non se pode estar contento cando un sofre unha situación traumática e pasas de vivir no teu piso, coa túa familia e na túa intimidade, a compartir cunha serie de limitacións”. “Non cabía outra alternativa”, incidiu.
Segundo recalcou, trátase de “unha solución provisional, temporal por seis meses”. “Durante ese prazo, unha das obrigacións que ela contrae é realizar unha procura activa de vivenda”, sinalou.
DESAFIUZAMENTO PARALIZADO
O desafiuzamento do piso no que vivía a muller, situado na rúa Vicente Alexandre, foi paralizado o pasado xoves e posposto ata este mércores, día 15, ás 09.00 horas.
Ademais da mobilización soial xerada ao seu arredor, o motivo deste adiamento foi a firma dun documento por parte desta nai ucraína no que se comprometía a abandonar o inmoble voluntariamente e a tramitar con Servizos Sociais do Concello da Coruña a activación do dispositivo de emerxencia social. Deste xeito, o consistorio ofreceríalle unha alternativa habitacional.
Marta e os seus fillos quedan: A mobilización volve demostrar que “xuntos somos forza”

