InicioA CORUÑAXa temos o cartel máis galego do Festival Noroeste

Xa temos o cartel máis galego do Festival Noroeste

Publicada o

Por europapress

Con 4 semanas de antelación, e non con unha como as pasadas edicións, o Concello da Coruña vén de presentar a programación completa da 39ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia que se celebrará do 5 ao 8 de agosto na Coruña.

Máis de 15 bandas do país, das 40 en total, conforman un cartel no que a música galega terá máis protagonismo que nunca. “Queremos que o talento creativo local teña un papel protagonista na identidade do festival”,  sinalaron na presentación, destacando nomes como Xosé Lois Romeu, Familia Caamagno, Agoraphobia, Sés, Catuxa Salom, Moura, Bala, Meu, Silvia Penide & Sophie Simmons, Apòlo 18, Zënzar ou Greasy Belly, son algunhas das bandas galaicas que tocarán nun festival que se completa cos Bomba Estéreo, Rusowsky, ou Dorian.

Cartel Festival Noroeste 2026
Cartel feito por @quepasasajulia

7 ESCENARIOS

A praia de Riazor, as prazas de María Pita e Azcárraga, o parque de Santa Margarita, o Campo da Leña, O Portiño e o Castelo de San Antón serán os escenarios desta edición.

A falta de confirmación oficial, na praia actuarán Echo & The Bunnymen (banda de rock noventera) como cabezas de cartel, xunto cos Dorian e Rusowsky (dúas das grandes revelacións do panorama estatal dos últimos tempos), Ángel Stanich ou Bomba Stéreo.

Yerai Cortés, Sprints, David Regueiro Trío ft. Pablo Castaño, Vicente Calderón, ou Mounqup completan o cartel.

Monólogos e Noroestiño

Novamente, as artes escénicas formarán parte da programación do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia cos ‘Contos ao Noroeste’, o 9 de agosto en Santa Margarida, cun pase especial de ‘Amoriños’, con Xosé A. Touriñán e David Perdomo; e o ‘Noroestiño’, do 6 ao 9 de agosto. Esta iniciativa xurdiu na XXXVII edición do festival para complementar a programación musical con actividades para todo tipo de público.

Para público familiar, o ‘Noroestiño’ encherá os xardíns de Méndez Núñez de música en directo con espectáculos diversos e adaptados a este tipo de espectadores. Participarán Pablo Díaz, María Faltri ou Lydia Botana xunto cos espectáculos ‘A Banda dos Insectos’, ‘Bibopalula, o concerto’ ou ‘Leucoíña pasea contos nas verzas’.

Máis crónicas do Noroeste

O Festival Noroeste albergou máis de 115.000 espectadores

A vida e a cruz do Noroeste

O devir do Noroeste tras convertirse no “mellor festival do estado”

O goberno socialista recoñece a prevalencia dos festivais privados sobre o Noroeste: “Quen queira ver grupos de nivel, que pase por taquilla”

ÚLTIMAS

Denuncian o colapso en Urxencias do Chuac mentres a xerencia sinala “unha demanda superior á habitual”

CIG-Saúde alertou dun colapso en Urxencias do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) mentres...

O PP da Coruña reclama ao Goberno un plan ferroviario urxente e investimentos para Alvedro

O PP da Coruña reclamou ao Goberno central novas actuacións en materia de infraestruturas...

A Policía detén un home tras roubar con violencia 50 euros a unha muller de máis de 80 anos

Axentes da Policía Nacional detiveron este luns na Coruña un home acusado dun roubo...

A Cámara da Coruña reforza o apoio ás empresas galegas que buscan abrirse a novos mercados

A Cámara de Comercio da Coruña está a impulsar un servizo de asesoramento internacional...